Os delegados da CIG trasladan ao BNG as necesidades da planta de tratamento de Lousame

Os delegados/as da CIG trasladan ao BNG as necesidades da planta de tratamento de Lousame

A representación da CIG na Planta de Tratamento de Residuos Sólidos de Lousame mantivo un encontro o pasado luns co candidato do BNG, Xosé Luís Rivas, a quen lle transmitiron as necesidades da planta de cara ao mantemento dos postos de traballo e para avanzar nun modelo de tratamento dos residuos que sexa sustentábel.

Así, os delegados e delegadas expuxeron a necesidade de investir  en recursos e material para garantir un tratamento eficaz e eficiente, para o que se fai preciso, entre outras cuestións, a adquisición de novos camións con acceso a distintas distancias das rúas, unha volteadora que facilite a aireación do material de compost ou investimentos en contedores.  

A planta de Lousame  atende a nove concellos do Barbanza e xera máis de 150 postos de traballo, na súa maioría, emprego feminino.

Volver