Persoal do centro de Saúde de Coia mobilízase ante a situación extrema de Atención Primaria

Reclaman persoal para garantir unha atención sanitaria e condicións de traballo dignas

Vigo -

Persoal do Centro de Saúde de Coia concentrábase esta mañá ás portas do consultorio para denunciar a situación extrema que está a vivir a atención primaria. Un deterioro do que responsabilizan á consellaría de Sanidade pola súa mala xestión e que está a provocar que a situación das profesionais sexa de total desesperación.

Como exemplo da situación apuntan o que ocorre en Pediatría, onde a atención concentrouse na mañá o que, sumado a que coa pandemia se centralizou a atención pediátrica nas cabeceiras de comarca, empeorou a capacidade de atención.

No decurso da concentración denunciaron a falta de persoal porque non se substitúe o que está de vacacións ou de baixa por IT e lembraron que usuarios/as e profesionais “estamos do mesmo lado, defendemos unha atención sanitaria digna e de calidade ao mesmo tempo que esiximos que o persoal poida desenvolver a súa actividade profesional de xeito digno e con calidade”.

Volver