Convocan máis días de folga e unha manifestación para esixir un convenio xusto nas conservas de peixe

Nacional -
A marcha terá lugar en Boiro o vindeiro sábado 19 de febreiro e os paros os días 14, 16 e 18 de marzo

Convocan manifestación por unha atención sanitaria digna e contra os recortes nos centros de saúde de Marín

Marín -
A marcha terá lugar este domingo 13 de febreiro a partir das 12:00 horas

Paro case total nas conservas de peixe na terceira xornada de folga por un convenio digno

Nacional -
Centos de traballadoras/es mobilizáronse en Vilagarcía, Vigo, Boiro e Celeiro en defensa das súas condicións laborais

O persoal de Esteve Teijin irá á folga os días 14 e 21 contra os incumprimentos laborais e do servizo

Nacional -
A empresa ten adxudicado o servizo de terapias respiratorias do SERGAS nas áreas de Santiago-Barbanza, Pontevedra-O Salnés e Vigo

A CIG convoca tres xornadas de folga en Froiz Mar pola imposición duns descansos discriminatorios

Pontevedra/Vigo -
Os paros na empresa con sede en Pontevedra e centro de traballo en Vigo serán o 10, 11 e 12 de febreiro

Convocan novas protestas coincidindo con outros dous días de folga por un convenio digno nas conservas

Nacional -
Haberá mobilizacións en Vilagarcía, Vigo e Boiro este xoves 3 e venres 4

A CIG logra os nove representantes do comité de Inasus, a maior empresa da comarca do Deza

Lalín -
A central foi o único sindicato que conseguiu presentar candidatura

A CIG do Deza forza a municipalización do SAF do Concello de Silleda

Silleda -
A central logrou tamén un acordo para saldar as débedas co persoal

Paro practicamente total nas conservas na primeira xornada de folga para reclamar un convenio digno

Nacional -
Centos de empregadas/os mobilizáronse en Vilagarcía, Vigo e Boiro ao berro de “non somos escravas, somos traballadoras!”

O persoal de Acciona mobilízase nos hospitais Provincial e Montecelo de Pontevedra ao berro de“limpeza solución!”

Pontevedra -
A concesionaria do servizo volveu adiar a data da xuntanza para negociar o convenio

A CIG-Ensino convoca asembleas co profesorado diante da desinformación xerada coas oposicións

Nacional -
A segunda terá lugar este mércores 19 en Pontevedra ás 18:30 horas

Varios centos de delegados/as da CIG na automoción claman por unha alternativa aos ERTE indiscriminados no sector

Pontevedra -
A federación de Industria levou a cabo unha protesta tras analizar en asemblea as problemáticas

A CIG-Industria marchará polas rúas de Pontevedra en defensa do emprego na automoción

Pontevedra -
Antes da protesta terá lugar unha asemblea de delegados/as para analizar a situación do sector