Seguimento masivo na segunda xornada de folga no transporte en autobús por un convenio digno
O persoal concentrouse nas estacións da Coruña e Santiago e diante do edificio da Xunta en Ferrol
A CIG toma a capital galega para esixir uns orzamentos da Xunta que garantan emprego e dereitos
Uns 2000 delegados/as manifestáronse dende o Parlamento até San Caetano no peche da campaña ‘Por unha Galiza con dereitos, traballo digno e igualdade’
O persoal de Leche Celta arrinca mobilizacións en defensa do seu convenio colectivo
Reivindican o dereito a negociar en Pontedeume as súas condicións de traballo fronte á pretensión da empresa de ir a un convenio de grupo
Seguimento maioritario na primeira xornada de folga no transporte en autobús da Coruña por un convenio digno
O persoal demanda reducir e limitar a xornada, unha suba salarial digna con cláusula de revisión e melloras nos permisos e a conciliación
O Tribunal Supremo recoñece que o persoal de Servicarne en Cogal era tamén falso autónomo
A FGAMT-CIG convoca unha asemblea de persoas traballadoras este sábado en Lalín para informar sobre a decisión xudicial
Paros de dúas horas en Autoneum pola negativa da empresa a negociar melloras salariais
As medidas de presión convocadas polo comité da compañía da automoción con sede na Rúa terán lugar este xoves 4 e o venres 5 e incluirán tamén concentracións
O persoal de Leche Celta iniciará mobilizacións en defensa do convenio colectivo propio
Este venres día 5 realizarán unha primeira concentración diante da fábrica de Pontedeume
O persoal de JEVASO responde aos incumprimentos da empresa cun seguimento case total na segunda xornada de folga
Centos de traballadoras e traballadores manifestáronse polo Polígono de Sabón exixindo que se respecten os seus dereitos salariais
O persoal de Jevaso secundará unha nova xornada de folga para exixirlle á empresa que cumpra o pacto de melloras
O paro comezará ás 22 horas do domingo 30 de novembro e prolongarase até ás 22 horas do luns 1 de decembro
A CIG faise con 2 dos 5 representantes sindicais en Ambulancias As Burgas de Ourense
Este resultado permite que por primeira vez a provincia poida contar con representación da central nas mesas de negociación do transporte sanitario
A CIG mobilízase en Coren Agroindustrial (Outeiro de Rei) contra a represión sindical
A central reclama a reincorporación do traballador despedido, e que foi candidato nas últimas eleccións sindicais
A CIG centra a campaña do 25N na denuncia contra a violencia institucional
Baixo o lema “retroceder en dereitos incrementa a violencia”, a secretaría das Mulleres acusa ao Goberno do PP na Xunta de amparar comportamentos machistas
A CIG rexeita o primeiro convenio de grupo en Pescanova ao supoñer perda de dereitos
A central celebrará unha asemblea co persoal dos distintos centros industriais para abordar o acordo e a posibilidade de convocar protestas
Sectores produtivos relacionados coa federación
Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).