A CIG mobilízase en Stellantis e no CEAGA en defensa do emprego e dunhas condicións dignas na automoción

Vigo -
Na central amosan a súa preocupación polos últimos anuncios da empresa e instan as administracións a garantir os postos de traballo

A pesca galega clama en Cangas contra os proxectos de instalación de eólica mariña

Cangas -
A Confraría de Pescadores San Xosé convocou unha concentración baixo o lema ‘Polo futuro da pesca e dos pobos pesqueiros’

O persoal de Ambulancias do Atlántico baralla convocar folga e intensificar as protestas polos impagos

Vigo -
Remata sen acordo a xuntanza entre a representación sindical e a Consellaría de Sanidade ante os incumprimentos da Administración

A CIG denuncia un novo accidente laboral grave na área de Vigo por falta de seguridade

Vigo -
Trasladoulle o sucedido á Inspección de Traballo para que abra unha investigación e se garanta o cumprimento da lexislación

O TSXG anula o calendario laboral de Ilunion en varias empresas de automoción de Vigo

Vigo -
O centro especial de emprego do grupo ONCE incumpría os convenios autonómico e estatal ao impoñer as mesmas vacacións que Stellantis

Fusión entre BBVA e Sabadell: destrución de emprego e perda de servizos financeiros

Nacional -
A CIG lembra os procesos de concentración bancaria supoñen peche de oficinas e sobrecarga de traballo para o persoal

O SAF de Ponteareas desenvolverá protestas diarias até que se actualicen os salarios

Ponteareas -
A CIG denuncia que dende que a actual concesionaria se fixo cargo do servizo o persoal -que hoxe comezou coas mobilizacións- non cobrou nin unha soa nómina correctamente

Persoal de Ambulancias do Atlántico mobilízase no Sergas en Vigo para reclamar a licitación do servizo

Vigo -
A folga non se fixo efectiva porque a Xunta intermediou para o cobro das nóminas pendentes, pero os incumprimentos laborais acumúlanse

Sanidade non garante o pago de salarios do persoal de Ambulancias do Atlántico, que irá á folga

Vigo -
A empresa concesionaria do 061 en Vigo, Cangas e Moaña renuncia aos contratos coa Administración e anuncia a súa intención de entrar en concurso de acredores

A CIG de Vigo, diante da CEP: “Non máis mortes no traballo!”

Vigo -
Delegados/as da central sindical mobilízanse para denunciar o aumento da sinistralidade laboral e reclamar medidas de control e seguridade

Persoal dos xulgados rexeita en Vigo a Lei de Eficiencia para reformar a xustiza

Vigo -
O Ministerio segue a negar o incremento do complemento xeral do posto e sen aclarar se vai negociar as funcións, a carreira profesional ou o teletraballo

Folguistas de Constellium mobilízanse na ETT Adecco contra a vulneración do dereito de folga

Vigo -
A empresa de automoción con sede no Porriño está a contratar persoal externo para mitigar o impacto do paro indefinido

Persoal vigués e ourensán de Ilunion clama na ONCE contra a represión laboral e sindical

Vigo/Ourense -
O centro especial de emprego está a aplicar unha política de acoso e de sancións e despediu sete traballadores/as estando de baixa