O persoal de Ilunion mobilizarase na ONCE contra os despidos e a represión sindical e laboral

Vigo/Ourense -
A CIG-Industria convoca unha concentración en Vigo este martes 23 de 11:00 a 12:30 horas na que participarán tamén traballadores/as de Ourense

A CIG-Servizos faise coa maioría absoluta no comité das cafetarías do Álvaro Cunqueiro

Vigo -
A central sindical sumou 3 dos 5 representantes que se escollían no centro hospitalario vigués

Constellium Automotive vulnera o dereito de folga contratando traballadores/as de ETT

O Porriño -
A empresa da automoción con sede no Porriño substitúe folguistas con persoal externo para completar as quendas

Máis do 60% do persoal de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra secunda a folga total

Vigo/Pontevedra -
Tras as dúas xornadas de paros parciais celebradas con anterioridade hoxe tivo lugar un de 24 horas para reclamar un convenio digno

Unha manifestación percorre as rúas de Vigo para esixir medidas urxentes fronte á alta sinistralidade laboral

Vigo -
A protesta foi convocada polas federacións de Industria da CIG, CCOO e UGT baixo o lema ‘Non máis mortes no traballo’

O persoal do 061 e do servizo de ambulancias non urxente de Vigo denuncia atrasos nas nóminas

Vigo -
A representación sindical comunicaralle á Xunta a situación da empresa e reclamará a xestión directa por parte da Consellaría

Amplo seguimento do paro no sector de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra por un convenio digno

Vigo/Pontevedra -
Máis de 300 persoas traballadoras participaron nas mobilizacións que tiveron lugar en Vigo coincidindo coa primeira xornada de paros parciais

Convocada manifestación en Vigo ante a vaga de mortes no traballo na provincia de Pontevedra

Vigo/Pontevedra -
A marcha promovida pola CIG, CCOO e UGT terá lugar este xoves día 11 dende Vía Norte até a Xunta ás 19:00 horas

Convocada folga no sector de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra por un convenio digno

Pontevedra/Vigo -
A CIG-Banca promove paros parciais o 5 e 11 de abril e de 24 horas o vindeiro día 15. Nas dúas primeiras xornadas haberá mobilizacións

Denuncian que a Policía española quere prescindir do persoal non policial que tramita documentación

Nacional -
Dende a CIG-Administración advirten que a xestión da Dirección Xeral está a xerar presión sobre os traballadores/as

Folga en Constellium pola imposición de novos ritmos de traballo e contra un despido represivo

O Porriño -
A dirección da auxiliar da automoción con sede no Porriño rompeu as negociacións co comité e rescindiulle o contrato a un traballador

Delegados/as da CIG-Industria claman en Stellantis-Vigo contra a represión sindical e laboral en Ilunion

Vigo -
O centro especial de emprego da ONCE, que traballa na automoción, está a sancionar a traballadores/as e representantes sindicais