Quizais quixo dicir:
13 Dec 2019
Traballadores de M3, subcontrata de Imasa, desenvolveron unha concentración este xoves nas portas da central térmica das Pontes para denunciar que levan mes e medio sen cobrar. Este persoal, unhas 30 persoas, foi subcontratado para facer traballos nas obras de mellora na central de Endesa e nestes momentos xa foron despedidos.
Os delegados e delegadas da CIG do persoal de seguridade do Campus Sur, Norte e Zona Histórica da Universidade de Santiago veñen de advertir que as medidas anunciadas non melloran en nada a seguridade do campus pero si poñen en risco o persoal de vixilancia. "Comprendemos e compartimos as cuestións denunciadas por un grupo de estudantes a respecto da falta de seguridade. Trasladamos a nosa solidariedade as súas demandas e o apoio á iniciativa coñecida como "mapa do medo", e consideramos que urxe unha maior vixilancia e medidas máis efectivas para avanzar na seguridade".
10 Dec 2019
“Barreras solución, Xunta implicación” foi de novo o berro que máis se escoitou na protesta desenvolvida hoxe pola CIG-Industria ás portas de Barreras en Vigo. A central reclámalle ao Goberno galego que tome cartas no asunto dunha vez por todas na busca de saídas urxentes e definitivas á grave crise que atravesa o primeiro estaleiro privado do Estado español, até o punto de que a súa continuidade está en serio perigo.
29 Nov 2019
As traballadoras e traballadores das tendas de Lefties e Zara concentráronse este venres no Centro Comercial de Marineda, na Coruña, para denunciar a discriminación que padece o persoal das tendas e a actitude que está a ter con elas a dirección da empresa Zara España S.A. A protesta convocada polo comité, con maioría da CIG, desenvolveuse coincidindo coa celebración do Black Friday.
28 Nov 2019
Dende ás 6:45h deste xoves, estase desenvolvendo unha concentración na rotonda de acceso á central das Pontes para esixir a Endesa que dea a cara e informe con claridade e concreción dos plans que ten para as instalacións. A protesta manterase até ás 19h, xa que a esa hora o persoal trasladarase a Ferrol para participar na manifestación convocada por CIG, CCOO e UGT en demanda de políticas de reindustrialización para as comarcas de Ferrol-Eume-Ortegal.
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que liches e aceptas a información presentada e pechar este cadro.