8 de marzo MULLERES EN FOLGA

A CIG convoca folga no marco do PARO INTERNACIONAL DE MULLERES que o 8 de marzo secundarán máis de 50 países, para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia. [Click para +información]


ZF Dalphimetal, compañía da automoción viguesa, discrimina traballadoras que secundaron a folga do 8M

A CIG denuncia que a dirección non lle renovou o contrato a unha operaria que participou nos paros
Vigo -

Os e as representantes sindicais da CIG en ZF Dalphimetal España, empresa do sector da automoción con sede en Vigo, denuncian que a dirección vén de discriminar a unha traballadora por secundar o paro feminista do pasado 8 de marzo non renovándolle o contrato.


Marga Corral: "Este 8 de Marzo será lembrado como o da revolta das mulleres"

"A loita non rematou, temos outra oportunidade de mobilizarnos polos nosos dereitos este 10 de Marzo"
Nacional -

Coa imaxe da extraordinaria resposta das mulleres galegas á convocatoria de folga deste 8 de Marzo aínda na retina, a secretaria confederal das Mulleres da CIG insta a seguir combatendo as políticas regresivas contra os nosos dereitos nos centros de traballo, nos nosos fogares e na rúa. E fai un chamado a participar nas mobilizacións que a central sindical ten convocadas en Ferrol e Vigo para este sábado 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega.


A CIG empraza os Gobernos do PP a dar resposta ás demandas das mulleres

As galegas toman os espazos públicos nunha xornada histórica para mudar o mundo
Nacional -

A secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, que cualificou este 8 de Marzo de “xornada histórica” tras do enorme éxito dos paros e das mobilizacións convocadas ao longo e ancho do país, empraza aos gobernos do PP en Galiza e no Estado a adoptar todas as medidas necesarias para que as demandas que durante toda esta xornada se fixeron sexan atendidas.

Miles de mulleres participan nos paros laborais e nas mobilizacións convocadas pola CIG este 8-M

Margarida Corral: "As galegas estamos situando Galiza no mapa mundial do Paro Internacional de Mulleres"
Nacional -

Mulleres traballadoras da sanidade, do ensino, do comercio, da industria, dos centros de chamadas, da administración, do téxtil, do mar, das conserveiras,...; mais tamén as xubiladas, as estudantes, as desempregadas, as mulleres que traballan arreo pero non teñen unha remuneración; miles de galegas están a secundar os paros laborais e as mobilizacións convocadas pola CIG neste 8 de Marzo ao longo de todo o país, demostrando que se as mulleres paran, o mundo para.


A folga de mulleres xa é unha realidade imparábel

A CIG rexeita a actitude de empresas que instaron as traballadoras a informar se irían á folga
Nacional -

Estamos asistindo ao inicio dunha xornada de loita histórica na que as mulleres serán, cen anos despois das revoltas de 1918, unha vez máis as protagonistas absolutas. A secretaria de Mulleres da CIG, Margarida Corral, sinala que os datos desta primeira quenda de paro laboral demostran que este 8 de Marzo está a ser xa  unha xornada histórica e que a folga de mulleres "é unha realidade imparábel". Subliñando que, aínda que a quenda de madrugada é a que menos visibilidade ten en canto ao seguimento, todo apunta a que esta xornada reivindicativa "vai ser todo un éxito".


A CIG recorre os servizos mínimos “excesivos e inaceptábeis” da Xunta de Galiza para o 8 de Marzo

Denuncia ademais que se agardara até o día anterior para anuncialos
Nacional -

A Confederación Intersindical Galega vén de presentar un recurso contra os servizos mínimos establecidos pola Xunta de Galiza. A secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, denuncia que son mesmo maiores que os establecidos para convocatorias anteriores de carácter similar e afirma que “non podemos aceptar uns servizos mínimos que, en realidade, son máximos, abusivos e esaxerados”.

A CIG convoca máis de 40 mobilizacións este 8-M

Corral: "Imos situar Galiza no mapa do paro internacional de mulleres"
Nacional -

A CIG convoca folga no marco do paro internacional de mulleres que o 8 de marzo secundarán preto de 100 países, para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia. A central anima a todas as mulleres (estudantes, xubiladas, desempregadas, asalariadas, funcionarias, fixas, eventuais, etc.) a participar activamente neste xornada de loita secundando os paros laborais e acudindo a calquera das máis de 40 mobilizacións que a central sindical ten organizadas ao longo de todo o país.

O feminismo galego enche as rúas de Vigo para reivindicar un futuro digno para as mulleres nunha sociedade igualitaria, xusta e libre

Milleiros de persoas participan nunha marcha na que se chamou a participar na folga do 8-M
Vigo -

Unhas 30.000 persoas ateigaron este domingo as rúas de Vigo nunha das maiores mobilizacións da historia do feminismo galego para reivindicar un futuro de dignidade para as mulleres nunha sociedade igualitaria, xusta e libre. Tratouse dunha xornada histórica na que se fixo un chamamento a participar na folga internacional de mulleres convocada o vindeiro 8 de marzo.


A CIG-Ourense denuncia que UGT e CCOO pactaron en Adolfo Domínguez os paros laborais de mulleres do 8-M

Cualifican de hipócrita unha decisión coa que se pretende boicotear a folga convocada para ese día
Ourense -

A Secretaría das Mulleres da CIG de Ourense vén de denunciar publicamente que os sindicatos UGT e CCOO, en colaboración coa empresa Adolfo Domínguez, están a convocar ao cadro de persoal a un paro simbólico de 15 minutos logo do descanso, “dispendio económico que corre por conta do propio Adolfo Domínguez e que de paso pretende boicotear a convocatoria de folga mundial de mulleres do 8 de Marzo”.


Respostas ás preguntas máis frecuentes sobre a folga de mulleres do 8 de Marzo

A CIG ten convocados paros laborais de dúas horas por quenda de traballo
Nacional -

Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de folga do vindeiro 8 de marzo para que todas as traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade.

» Accede aquí ao especial con toda a información sobre o 8 de Marzo


CALENDARIO

08 Marzo 2018 · Paros e mobilizacións
O 8 de Marzo, as mulleres galegas paramos!
O 8 de Marzo a CIG ten convocada folga de mulleres con paros laborais de dúas horas por quenda de traballo, que se concretarán no seguinte horario:
  • de 00h a 02 horas
  • de 12 a 14 horas
  • de 19:30 a 21:30 horas
UNIÓN COMARCAL DE VIGO
  • VIGO: 12:30h Na farola de Urzáiz
  • VIGO: 12:30h Na estrada Clara Campoamor (rotonda acceso hospital A.C.)
  • BUEU: 12:30h Diante do Concello (Eduardo Vicenti, 8)
  • CANGAS: 12:30h Diante do Concello (Castelao, 2)
  • MOAÑA: 12:30h Diante do Concello (As Barxas, 2)
  • TOMIÑO: 12:00h Diante do Concello (Pr. do Seixo)
  • TUI: 12:30h No Outlet
  • O PORRIÑO: 12:30h no IES Ribeira do Louro (Torneiros)
UNIÓN COMARCAL DA CORUÑA
  • A CORUÑA: 12:00h Na rotonda do CHUAC
  • A CORUÑA: 19:30h Na Praza de Pontevedra
  • ARTEIXO: 12:30h Nas portas do Concello
  • BETANZOS: 12:30h Nas portas do Concello
  • CARBALLO: 12:30h Nas portas do Concello
  • CEE: 12:30h Praza 8 de marzo
UNIÓN COMARCAL DE COMPOSTELA
  • COMPOSTELA: 12:30h no Centro Comercial As Cancelas
  • COMPOSTELA: 12:30h na Praza de Galiza
  • COMPOSTELA: 12:30h diante do Hospital Clínico
  • COMPOSTELA: 12:30h diante da Xunta de Galiza en San Caetano
  • RIBEIRA: 12:00 no Hospital do Barbanza
  • RIBEIRA: 20:00h Praza do Concello
UNIÓN COMARCAL DE FERROL
  • FERROL: 12:30h Praza de Amada García (Edificio da Xunta)
  • FERROL: 12:30h Hospital Arquitecto Marcide
  • AS PONTES: 12:30h Praza do Concello
UNIÓN COMARCAL DE LUGO
  • LUGO: 12:30h edificio administrativo da Xunta
  • MONFORTE: 20:00h Praza de España
  • VIVEIRO / BURELA / RIBADEO : 12:30h Diante dos Concellos
UNIÓN COMARCAL DE OURENSE
  • OURENSE: 12:30h Praza Maior
  • O BARCO: 20:00h Praza do Concello
  • VERÍN: 12:00h Praza do Concello
UNIÓN COMARCAL DE PONTEVEDRA
  • PONTEVEDRA:12:30h na Praza da Peregrina
  • PONTEVEDRA:12:00h no Hospital Montecelo
  • POLÍGONO DO CAMPIÑO: 12:30h / 20:00h na rotonda de acceso
  • VILAGARCÍA/O GROVE/CAMBADOS: 12:30h Diante dos concellos
  • PORTONOVO: 12:30h Diante da piscina municipal
  • A ESTRADA: 12:30h Diante do Concello
  • LALÍN: 12:30h Praza da Igrexa
  • PONTECESURES: 12:30h diante do Concello
OUTRAS MOBILIZACIÓNS DO MOV. FEMINISTA GALEGO
  • VIGO: 20:00h MANIFESTACIÓN desde a praza de Portugal. Convoca: Plataforma Galegas8M
  • COMPOSTELA: 20:00h MANIFESTACIÓN dende a Praza 8 de marzo. Convocan: PFG e Galegas8M
  • FERROL: Ás 20h ás a Praza Amada García. Convoca Marcha Mundial das Mulleres
  • A CORUÑA: 10:30h na Praza de Pontevedra. Convoca: Galegas8M (Grupo Local)
  • LUGO: 20:00h. RUADA dende o Multiusos da Xunta. Convocan: PF. Lugo e Translurpies
  • OURENSE: 20:00h MANIFESTACIÓN desde a Subdelegación do Goberno
  • ALLARIZ: 12:30h Praza do Concello
  • CEE: 20:00h. CONCENTRACIÓN na Praza 8 de Marzo. Convoca: Asociación Feminista Buserana