Folga indefinida no Diario de Pontevedra por unha suba salarial digna tras sete anos cos soldos conxelados

Pontevedra -
Antes do inicio do paro, previsto para o 22 de decembro, haberá unha concentración este mércores 30 e unha manifestación o 14 de decembro

​ O naval galego para e bótase á rúa para denunciar un novo “asasinato” pola precariedade laboral

Vigo -
​ Vigo acolleu unha masiva manifestación, na que tamén participou persoal de Marín, e houbo concentración de apoio en Navantia

Esixen o rescate da concesión do transporte sanitario programado de Pontevedra-O Salnés por graves incumprimentos

Pontevedra/O Salnés -
O comité de empresa de Ambulancias Civera denuncia a falta de material básico e o uso de vehículos que non pasaron a inspección sanitaria ou a ITV

Un 80% do persoal do comercio do metal da provincia de Pontevedra secunda a folga por un convenio digno

Vigo/Pontevedra -
O paro de 24 horas convocado pola CIG, CCOO e UGT afectou ás principais empresas de distribución, recambios e concesionarios

Persoal da limpeza hospitalaria de Pontevedra: "Acciona despide, Sergas consinte!"

Pontevedra -
Desenvolveu concentracións no Provincial e en Montecelo pola readmisión dunha compañeira á que lle rescindiron o contrato tras unha baixa

A CIG-Saúde de Pontevedra exixe a convocatoria de todas as prazas de Medicina de Familia vacantes en atención primaria

Pontevedra -
A Xerencia vén de confirmar que ofertará só as interinidades de persoal médico dos PAC, cando quedara en facelo con todas

O persoal de limpeza dos hospitais pontevedreses protestará polo despido dunha compañeira tras unha baixa

Pontevedra -
O comité de Acciona denuncia que a concesionaria rescindiulle o contrato coa escusa de “baixo rendemento”

O comercio do metal pontevedrés convoca folga ante a ruptura das negociacións do convenio

Vigo/Pontevedra -
Este sábado 19 haberá unha mobilización no IFEVI en Vigo, coincidindo co Salón do Vehículo Usado e de Ocasión

O comercio do metal pontevedrés baralla convocar folga tras a ruptura da negociación do convenio

Vigo/Pontevedra -
Traballadores/as do sector desenvolveron hoxe unha mobilización polas rúas de Vigo para denunciar a actitude da patronal ATRA

A CIG revalida a maioría absoluta en Treves de Pontevedra a pesar do apoio da empresa ás outras candidaturas

Pontevedra -
A central sindical volveu sumar 6 representantes no comité, fronte a os 2 da UGT e 1 Independente

O persoal de Pérez Torres Marítima de Marín inicia unha campaña de protestas para esixir melloras

Marín -
Desenvolveu unha concentración diante das instalacións da compañía no Porto da localidade pontevedresa

Traballadores/as do comercio do metal maniféstanse en Vigo por un convenio digno

Vigo -
Se na próxima reunión non hai avances, a central levará á asemblea do persoal a convocatoria de folga

Arcasa recoñece o despedimento improcedente da traballadora despedida tras estar de baixa

O Salnés -
A empresa ofreceulle unha contiosa indemnización para non ter que chegar a xuízo