A Unión Comarcal da CIG de Vigo vén de poñer en marcha unha campaña especial de recollida de alimentos para o Nadal no marco do Plan de Axuda Alimentar Solidario que funciona dende hai sete anos e do que se benefician mensualmente 40 persoas. A data límite para participar nesta iniciativa de solidariedade obreira remata o vindeiro 21 de decembro, xa que o reparto farase antes do inicio das festas. Por este motivo, dende a central fan un chamamento a que as doazóns, que se poden depositar nas caixas habilitadas no local, inclúan tamén produtos típicos destas datas.