Recollida sinaturas INDULTO PARA PINTOS
As persoas abaixo asinantes, subscribindo este documento, apoian a concesión do indulto a XESÚS ANXO LÓPEZ PINTOS, que foi condenado pola Audiencia Provincial da Coruña en sentenza con data do 20-11-2019 (Sentenza 455/2019) a unha pena de 6 meses e un día de prisión e inhabilitación especial do dereito de sufraxio pasivo por ese tempo, pola comisión dun delito de atentado contra axente da autoridade. Sentenza que despois foi confirmada por outra do Tribunal Supremo con data do data 15-03-2022 (Sentenza 235/2022).
→ Ler documento completo na seguinte ligazón: Documento recollida de sinaturas INDULTO PARA PINTOS
O cumprimento efectivo da pena de prisión xeraría un enorme sufrimento en LÓPEZ PINTOS e a súa familia, que é francamente innecesario. Máxime cando a día de hoxe leva xa tempo en situación de xubilación e os feitos ocorreron hai case dez anos.
Por todo iso, coa sinatura neste documento apoiamos a concesión da devandita medida de graza.