A CIG-Construción clama cunha protesta en Negreira contra a explotación de persoas migrantes e esixe máis seguridade laboral

Nacional -
Desenvolveu unha concentración diante do edificio no que faleceu un obreiro brasileiro en accidente de traballo o pasado 9 de setembro

As protestas para reclamar un convenio digno no transportes de mercadorías continúan en Narón

Narón -
Os sindicatos inciden en que haberá folga na provincia da Coruña se a patronal teima en bloquear a negociación

A CIG reclama 5 postos máis para a Área Penal do Servizo Común de Execución de Santiago

Compostela -
Solicita dous postos de xestión procesual e tres de tramitación para adaptar o cadro de persoal ao aumento da carga de traballo e reforzar a protección das vítimas

O persoal de transporte de mercadorías continúa na Coruña coas protestas por un convenio digno

A Coruña -
Reclámanlle á patronal que regrese á mesa de negociación con propostas serias e advirten da convocatoria de folga se non hai avances

Unha sentenza pioneira confirma as eleccións sindicais gañadas pola CIG en Eleuterio López y Cía., do grupo Monbus

Santiago de Compostela -
A CIG considera que a resolución avala o dereito a agrupar distintos lugares de traballo fronte á fragmentación do persoal en múltiples empresas e UTE que Monbus emprega para limitar a representación sindical

Almacéns paralizados e tendas pechadas ou en mínimos na nova xornada de folga no comercio de alimentación da Coruña

A Coruña/Ferrol/Compostela -
O persoal manifestouse na cidade herculina para demostrar a disposición a seguir na loita por un convenio digno

Centos de persoas mobilízanse na folga do comercio de alimentación en Compostela e Ribeira

Compostela -
Na xornada de folga do martes, día 13 de outubro, está convocada na Coruña unha manifestación que sairá ás 12 horas da Praza de Lugo e rematará na Praza de San Agustín

A CIG, CCOO e UGT retoman as mobilizacións en demanda dun convenio digno para o transporte de mercadorías da Coruña

Compostela -
Nacho Pavón denuncia a insuficiente oferta salarial da patronal e reclama reducir a xornada e garantir a compensación do traballo nocturno e en domingos e festivos

Asinado un preacordo para o convenio de hostalaría da provincia da Coruña

Nacional -
A CIG convoca asembleas do sector para o día 15 de outubro en A Coruña, Ferrol, Compostela e Ribeira

A CIG logra a totalidade do comité de Oysho na provincia da Coruña

A Coruña -
A central pasou de contar con tres representantes a obter as cinco que se elixían

Persoal de Monbus protesta ás portas do Multiusos Fontes do Sar contra os despedimentos no Grupo

Compostela -
O persoal denunciou o maltrato que sofre por parte da empresa e o despedimento caprichoso de compañeiros e compañeiras para amedrentar a todo o colectivo

CIG, CCOO e UGT convocan mobilizacións por un convenio digno no transporte de mercadorías da Coruña e non descartan folga

A Coruña -
As centrais sindicais reclaman salarios xustos, reducir a xornada e avanzar en dereitos para levar o sector ao século XXI

A CIG reclama do concello de Santiago a rescisión do contrato coa concesionaria do SAF e que asuma directamente o servizo

Compostela -
Trasladará a situación de impago dos salarios á Autoridade Laboral para que Siad24/Asistenzia sexa sancionada polos graves incumprimentos en materia laboral