Mediante o asinamento desta orde e segundo o esixido pola Lei 16/2009 de servizos de pagamento (Zona Única de Pagamentos en Euros - SEPA), autorizo á Confederación Intersindical Galega para que, desde o día de hoxe, cargue na conta arriba indicada de forma recorrente os importes correspondentes á cota sindical. En virtude do anterior e en cumprimento da dita normativa, enténdese cumprido o requisito de notificación previa ao vencemento de cada cargo pola Confederación Intersindical Galega, mentres manteña a condición de afiliado/a.
A información sobre os dereitos da orde de domiciliación asinada estará dispoñíbel na súa entidade bancaria.
En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, quen asina queda informado de que os seus datos persoais, de obrigada comunicación para a formalización da súa
afiliación, serán incorporados nun ficheiro propiedade da Confederación Intersindical Galega, e autoriza a esta
ao seu tratamento na prestación dos servizos propios da súa relación de afiliado/a da CIG. Así mesmo informase do seu dereito de acceso, oposición, retificación e cancelación, respecto dos seus datos persoais de acordo ao previsto na Lei, podendo exercelos por escrito, achegando copia do seu Documento de Identidadem e dirixindo o escrito a "Responsábel de seguridade" CIG.
Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10. 15703 - Compostela.