O comercio do metal pontevedrés convoca folga ante a ruptura das negociacións do convenio

Vigo/Pontevedra -
Este sábado 19 haberá unha mobilización no IFEVI en Vigo, coincidindo co Salón do Vehículo Usado e de Ocasión

As empregadas de Limpiezas Limpuen de Ponteareas, en folga indefinida, mobilízanse para esixir o pago dos salarios

Ponteareas -
A maioría leva sen cobrar dende agosto, e algunhas incluso dende xullo

A CIG-Servizos rexeita o acordo que puxo fin á folga na empresa de limpeza de contedores en Stellantis

Vigo -
Urbano Bernabé, sancionado por vulneración do dereito de folga, impón o convenio de transporte, establecéndose dobre escala salarial

A CIG-Servizos exixe á Xunta de Galiza que asuma a súa responsabilidade na folga de SAF

Nacional -
Rexeita a argumentación da conselleira en sede parlamentaria por lavarse as mans no conflito

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.