A CIG debateu sobre os 20 anos da Lei de Prevención de Riscos Laborais no Salón da Prevención e Seguridade Laboral de Ourense

Vigo -
A central organizou unha xornada técnica para delegados/as na 11ª edición de Previsel

O persoal de Linorsa en Ourense esixe a rescisión do contrato coa empresa con protestas diarias no Concello

Vigo -
As traballadoras/es da limpeza dos colexios públicos iniciaron as mobilizacións este martes coincidindo co pleno municipal

A CIG do concello de Santiago demanda a rectificación do Correo Gallego por unha información relativa á Banda de Música

Compostela -
Denuncia a grave situación na que se atopan os servizos municipais no seu conxunto e demanda un plan de xestión que garanta a súa prestación

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público mobilízase baixo o lema “Nin LOMCE, nin reválidas”

Compostela -
Nais, pais, profesorado e alumnado concentráronse diante da Consellaría de Educación para demandar a paralización e posterior derrogación da lei

CIG-Banca mobilizarase o 27 de abril contra o Expediente de Despedimentos Colectivos anunciado polo Santander

Compostela -
O banco, que obtivo uns beneficios de 5.966 millóns, quere alegar causas “produtivas e organizativas” para xustificar 1667 despidos

As delegadas/os da CIG en Unísono de Vigo mobilízanse contra a represión sindical na empresa

Vigo -
Esixen a readmisión dunha afiliada despedida tras coller varias baixas médicas xustificadas

A 16ª edición do Correlingua percorrerá unha ducia de localidades baixo o lema 'O galego está en nós'

Vigo -
A popular carreira do alumnado a prol do idioma celebrarase entre o 2 e o 16 de maio

Persoal da Administración Xeral do Estado trasladou a Vigo as protestas contra a privatización de servizos

Vigo -
Xunta de persoal e comité de empresa desenvolven unha campaña para informar das consecuencias aos usuarios/as

A CIG gaña as eleccións sindicais en Os Irmandiños SCG

A Coruña -
A central nacionalista logrou a maioría absoluta no comité de empresa obtendo catro dos cinco delegados/as

Máis de 500 bombeiros/as de todo o país percorren as rúas de Ourense para rexeitar a privatización dos parques

Vigo -
A Mesa Intersindical reclama a xestión directa do servizo polas Administracións públicas

Publicada a orde de axudas de pago único e indemnizacións e a das axudas periódicas a mulleres vítimas de violencia de xénero

A Coruña -
Os prazos para solicitalas remata o 31 de outubro no caso dos pagos periódicos e indemnizacións, e até o 30 de novembro as de pagamento único

SOS Sanidade Pública mobilizouse en Compostela para denunciar as deficiencias da área sanitaria

Vigo -
Ducias de persoas participaron na concentración celebrada na Praza do Toural este xoves

A CIG demanda que as enfermidades da voz sexan consideradas enfermidades profesionais no sector do telemárketing

A Coruña -
Ante a conmemoración o sábado 16 de abril, do Día Mundial da Voz

Quizais quixo dicir:

Acontece