8 de marzo MULLERES EN FOLGA

A CIG convoca folga de 24 horas no marco do PARO INTERNACIONAL DE MULLERES que terá lugar o vindeiro 8 de marzo, para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia. [Click para +información]


A Secretaría das Mulleres retrúcalle a Rajoy: xa vai sendo hora de que o seu goberno "se meta niso" de combater a fenda salarial

Ante as irresponsábeis declaracións do presidente do Executivo español
Nacional -

A Secretaría das Mulleres da CIG considera vergoñento que o presidente Goberno español, Mariano Rajoy, manifeste que o seu Executivo "nin se debe meter" e que "non é da súa competencia" a promoción de medidas para lograr a equiparación salarial entre homes e mulleres. Parafraseando as palabras de Rajoy, a secretaria confederal das Mulleres, Margarida Corral, sinálalle que "os gobernantes deben ser moi cautos á hora de saber cales son as súas obrigas" e non botar balóns fóra sobre unha problemática "que debería ser do seu coñecemento e da súa responsabilidade".


8 de Marzo: camiñando cara á folga de mulleres

A CIG convoca asembleas de delegadas e afiliadas en todas as comarcas do país para coñecer e debater as mobilizacións previstas
Nacional -

Dende o 16 ao 30 de xaneiro, a CIG vai realizar asembleas de delegadas e afiliadas en todas as comarcas do país para dar a coñecer e debate arredor da convocatoria de folga de mulleres do vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.

A CIG convoca esta folga no marco do paro internacional de mulleres que se desenvolverá en máis de 50 países do mundo o 8 de marzo, para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia.


CALENDARIO

08 Marzo 2019 · Folga e mobilizacións
O 8 de Marzo, as mulleres galegas paramos!
O 8 de Marzo a CIG ten convocada folga de mulleres de 24 horas.
UNIÓN COMARCAL DE VIGO
  • VIGO: 12:00h na farola de Urzáiz
  • BUEU: 12:00h diante do Concello (Eduardo Vicenti, 8)
  • CANGAS: 12:00h diante do Concello (Castelao, 2)
  • MOAÑA: 12:00h diante do Concello (As Barxas, 2)
  • TOMIÑO: 12:00h diante do Concello (Pr. do Seixo)
UNIÓN COMARCAL DA CORUÑA
  • A CORUÑA: 12:00h na Praza de Vigo
  • BETANZOS: 12:00h na Praza da Constitución
  • CARBALLO: 12:00h na Praza do Concello
  • CEE: 12:00h na Praza 8 de marzo
UNIÓN COMARCAL DE COMPOSTELA
  • COMPOSTELA: 11:00h na Xunta (San Caetano)
  • COMPOSTELA: 11:30h diante do Hospital Clínico
  • COMPOSTELA: 12:00h na Praza de Galiza
  • RIANXO: 12:00h na Praza do Concello
UNIÓN COMARCAL DE FERROL
  • FERROL: 11:30h na Praza de Amada García (Edificio da Xunta)
  • AS PONTES: 12:00h na Praza do Concello
UNIÓN COMARCAL DE LUGO
  • LUGO: 12:30h no Edificio Sindical (Ronda da Murall)
  • MONFORTE: 12:00h na Praza de España
  • BURELA: 12:00h diante do Concello
  • RIBADEO: 12:00h diante do Concello
  • VIVEIRO: 12:00h diante do Concello
UNIÓN COMARCAL DE OURENSE
  • OURENSE: 11:30h diante da Mutua Universal
  • O BARCO: 20:00h na Praza do Concello
  • VERÍN: 12:00h na Praza do Concello
UNIÓN COMARCAL DE PONTEVEDRA
  • PONTEVEDRA:12:00h na Praza da Peregrina
  • VILAGARCÍA: 12:00h na Praza Ravella
  • A ESTRADA: 12:00h na Praza do Mercado
3 de Marzo. MANIFESTACIÓN NACIONAL GALEGAS 8M
  • LUGO: 12:00H dende a Porta Falsa