A CIG mobilízase na Xunta en Vigo para demandar políticas activas que garantan o futuro da automoción

Vigo -
Alerta da deslocalización de empresas por falta de competitividade e reclama fábricas de compoñentes en Galiza

Os traballadores de Veolia levan as protestas pola readmisión do compañeiro ás portas da empresa

Arteixo -
Advirten a Inditex e á súa contrata que seguirán coa folga mentres non se atendan ás súas lexítimas reivindicacións

Traballadores e traballadoras de Narturgy mobilízanse contra a deslocalización e a destrución de emprego en Galiza

Nacional -
Percorreron as rúas de Compostela para exixir o mantemento de todos os postos de traballo

Os traballadores de Veolia proseguen firmes coa folga para esixir a readmisión do compañeiro despedido

Arteixo -
Persoal doutras contratas sumouse á concentración que fixeron na sede de Inditex

Delegados/as da CIG concéntranse na CEC para rexeitar a proposta patronal para o convenio do metal

A Coruña -
A CIG critica que o empresariado pretenda liquidar a mesa sen entrar a negociar o conxunto do articulado

Arredor dun milleiro de persoas convocadas pola CIG lanzan un novo SOS polo naval de Vigo

Vigo -
O secretario comarcal advirte que cada vez queda menos tempo para certificar a morte do sector

Volta á ría de Ferrol para esixir carga de traballo e investimentos para os estaleiros

Ferrol -
Traballadores/as de Navantia e da industria auxiliar continúan co calendario de mobilizacións

A CIG de Vigo chama a participar na manifestación deste mércores en defensa do naval e polo futuro industrial da comarca

Vigo -
A marcha arrincará do cruce da Dobrada ás 18:00 horas e rematará no farol de Urzaiz

Os traballadores de Veolia reivindican cunha cazolada a readmisión do compañeiro e condicións laborais dignas

Arteixo -
O persoal desta contrata de Inditex está en folga indefinida dende o luns

A CIG de Vigo escenifica a morte do naval cunha necrolóxica xigante diante da Subdelegación do Goberno

Vigo -
A central sindical chama a participar na manifestación deste mércores 19 de maio en defensa do sector

Presentada denuncia na Inspección de Traballo contra Veolia e Inditex por esquirolaxe

Arteixo -
O persoal de mantemento, en folga indefinida, é substituído por traballadores doutras contratas da multinacional téxtil

A folga convocada pola CIG no metal pontevedrés paraliza o naval e supera o 60% no resto do sector

Vigo/Pontevedra -
Máis de medio milleiro de traballadores/as participaron na manifestación que rematou diante da Xunta

A CIG non asina o convenio estatal da industria química por non recoller ningunha mellora económica ou social

Nacional -
Gran parte do acordo é unha simple adaptación do texto á norma actual

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.