Persoal de Viaqua inicia en Pontevedra as mobilizacións por un convenio xusto

Pontevedra -
Desenvolveu unha concentración diante da empresa concesionaria de servizos municipais de auga

A CIG convoca folga no sector do metal da provincia de Pontevedra para rexeitar «o convenio da traizón»

Vigo/Pontevedra -
Este mércores día 12 tamén haberá manifestación en Vigo e concentracións en Pontevedra e Vilagarcía

A CIG traslada unha proposta a Repsol para materializar "un futuro viábel" para o complexo da Coruña

A Coruña -
O persoal da refinaría continúa coas mobilizacións para esixir a retirada do ERTE fraudulento

A CIG convoca folga en Veolia (auxiliar de Inditex) para esixir a readmisión dun traballador despedido

A Coruña -
O paro será o luns 3 de maio e irá acompañado dunha concentración diante da sede da multinacional téxtil

A CIG-Industria logra 2 delegados/as no comité da compañía SEMI en Ourense

Ourense -
A central sindical foi a forza máis votada no colexio de especialistas

A CIG reclámalle ao Goberno que non dilate máis a compra da fábrica de aluminio

Cervo -
A central reitera a necesidade de que a planta estea na SEPI

A CIG-Navantia pide anular as listas provisionais das prazas sénior pola falta de rigor de Manpower Group

Ferrol -
Reclaman tamén a asunción de responsabilidades a nivel de grupo

A CIG demanda a creación dunha Mesa de Negociación do sector de Telecomunicacións

Nacional -
Lanza unha campaña pola precarización, perda de emprego, deslocalizacións e externalización de servizos

A CIG de Vigo denuncia que o PP insiste na súa ofensiva contra o sector naval

Vigo -
Rexeita que a Autoridade Portuaria vaia votar unha proposta para retirarlle a concesión a Vulcano

O persoal de Repsol maniféstase polo futuro dos empregos e para esixir investimentos na refinería

A Corunña -
A CIG insta a Xunta a reclamarlle á empresa que retire o ERTE e garantías de viabilidade do complexo da Coruña

A CIG reclámalle aos gobernos dilixencia e vontade política para materializar xa a compra da fábrica de San Cibrao

Cervo -
Ante a falta de avances, a central aposta por retomar a mobilización para forzar un acordo

A CIG de Vigo chama á mobilización ante a situación límite que atravesa o sector naval da comarca

Vigo -
A central sindical anuncia a posta en marcha dunha campaña de información e protestas

CCOO e UGT consuman unha nova traizón á clase traballadora e pactan un convenio do metal pontevedrés que empeora a proposta patronal

Pontevedra -
Aceptan que se pague o plus de eventualidade a final de contrato e reducen o incremento salarial

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.