Presentada demanda contra Leche Celta por vulneración do dereito á folga

Pontedeume -
A empresa está practicando esquirolaxe ao desviar a produción a outras plantas do grupo

O persoal de Leche Celta acorda convocar paros indefinidos a partir do 31 de xaneiro

Pontedeume -
A folga desenvolverase de luns a domingo, terá carácter parcial e unha duración de tres horas por quenda

A terceira xornada de folga na planta de Leche Celta de Pontedeume volve rexistrar un seguimento do 100%

Pontedeume -
O persoal reclama un convenio colectivo que recolle auténticas melloras salariais e sociais

Máis dun milleiro de traballadores e traballadoras do metal maniféstanse na Coruña en demanda dun convenio digno

A Coruña -
Denuncian as manobras da patronal para dilatar as negociacións e manter conxeladas as condicións do persoal

A CIG convoca manifestación este sábado día 15 por un convenio digno para o metal da Coruña

A Coruña/Ferrol/Compostela -
A marcha, con carácter provincial, sairá ás 12 horas da Praza de Vigo e rematará na sede da patronal

Desconvocada a folga nos comedores de Inditex ao lograrse un preacordo con importantes melloras salariais e laborais

A Coruña -
Por primeira vez incorpóranse os catro servizos a un pacto propio por enriba do convenio colectivo

O persoal dos comedores de Inditex irá á folga para demandar condicións de traballo dignas

A Coruña -
Os paros serán os días 13 e 14 de xaneiro e afectarán aos servizos da sede central, Zara Loxística, A Laracha e Narón

A CIG denuncia o caos no transporte escolar polos incumprimentos do Grupo Monbús

Nacional/Ferrol -
A empresa non entregou os escritos de subrogación e reduciu a xornada do persoal acompañante

Seguimento total na primeira xornada de folga en Leche Celta en demanda dun convenio digno

Pontedeume -
A produción na planta de Pontedeume permaneceu paralizada

O persoal da planta de Leche Celta de Pontedeume irá á folga por un convenio digno

Pontedeume -
Os paros faranse en xaneiro en resposta ao inmobilismo da empresa

As asembleas do persoal do metal aproban iniciar mobilizacións por un convenio colectivo digno

A Coruña -
Acordaron convocar unha primeira manifestación provincial o sábado 15 de xaneiro na Coruña

Persoal do Concello de Cariño esixe a negociación xa da RPT e unhas condicións laborais dignas

Cariño -
Critican que o alcalde leve anos demorando esta obriga pero non tardara nada en subirse o seu salario

CIG-Servizos denuncia a situación precaria na que se presta o servizo de comedor no CEIP Virxe do Mar

Narón -
A falta de espazo obriga a facer tres quendas dificultando a correcta desinfección e limpeza