- « Primeiro
- « Anterior
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- Seguinte
- Último »
1677 resultados
A CIG faise coa maioría no comité da compañía de automoción viguesa BorgWarner
Vigo -
A central logrou 10 dos 21 delegados/as a pesar dos intentos da dirección de boicotear o proceso
O comité de empresa de Vitrasa reúnese coa dirección e co Concello sen lograr avances no conflito laboral
Vigo -
A representación do persoal reclamou a retirada da concesión polos continuos incumprimentos da compañía, que se nega a negociar o convenio
A CIG-Servizos revalida a maioría absoluta no comité da limpeza do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Vigo -
A central fíxose con 5 dos 9 representantes nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar
Maioría absoluta da CIG en Indra Gestión de Usuarios, na Coruña, e en Experis en Vigo
Nacional -
A central sindical nacionalista segue reforzando a súa posición no sector das TIC
O comité de Vitrasa denuncia que nin a empresa nin o Concello acceden a negociar a pesar do aumento dos paros
Vigo -
Dende a representación do persoal descúlpanse polos prexuízos que a medida de presión lle está a causar ás persoas usuarias
A CIG-Saúde de Vigo reclámalle ao Sergas que cubra con prazas estruturais as vacantes existentes nos PAC
Vigo -
Na central sindical detectaron cando menos cinco vacantes de persoal médico sen ofertar con contratos de longa duración
O persoal do SAF do Concello de Covelo logra un acordo que avanza na dignificación das condicións laborais
Covelo -
A nova adxudicataria subrogará as nove traballadoras do servizo cos mesmos dereitos e actualizará salarios en base ao IPC
Desestimado o recurso de Vitrasa contra o laudo que rexeitara a inaplicación de convenio pola empresa
Vigo -
A sentenza sinala que a compañía non pode cargar no seu persoal unhas perdas económicas que xa coñecía cando prorrogou a concesión
Os soldos subirán sobre un 6% na conserva ao aplicarse o novo convenio e a cláusula de revisión do IPC real
O Salnés -
A comisión de igualdade está a traballar na mellora da clasificación profesional para rematar coa discriminación das mulleres
As contas do Concello de Vigo en 2022 evidencian o proceso de privatización dos servizos públicos
Vigo -
A CIG denuncia que o Goberno local deixou sen utilizar máis de 11 millóns de euros do orzamento correspondentes a gastos en materia de persoal
A CIG faise coa maioría absoluta na compañía viguesa Edelne a primeira vez que se escollía comité
Vigo -
A central logrou 3 dos 5 representantes nesta empresa auxiliar de Naturgy
Persoal de FCC en Vigo mobilízase para denunciar que a mutua se nega a dar baixas en caso de doenza laboral
Vigo -
O comité da concesionaria da recollida do lixo baralla presentar unha demanda penal contra FREMAP por negar atención médica
A CIG-Ensino anima aos CIFP a demandar desde os claustros melloras para o persoal de FP
Nacional -
Parabeniza o claustro do CIFP Manuel Antonio, que elevará as súas demandas á consellaría
- « Primeiro
- « Anterior
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- Seguinte
- Último »