Ante o inmobilismo de Concentrix, o persoal dá unha mostra de solidariedade e opta por unha indemnización que favorece ás persoas máis precarizadas

A Coruña -
O ERE afectará finalmente a 75 persoas traballadoras e a empresa xa formulou un novo despedimento colectivo no centro da Coruña

CIG-Ensino apoia as reivindicacións de máis persoal do IES Alexandre Bóveda de Vigo

Vigo -
A administración amortiza unha praza de Bioloxía e Xeoloxía, négalle a segunda praza de orientación e unha especialista en Pedagoxía Terapéutica malia ter preto de 800 estudantes

O persoal de Ferroglobe mobilízase contra o ERTE que pretende aplicar a empresa durante ano e medio

Arteixo -
A medida afectaría a 113 traballadores e traballadoras da planta de Arteixo

Exixen á Xunta “a documentación do expediente” de arquivo de Altri e anuncian medidas xudiciais

Nacional -
As plataformas critican a “resolución sen solución” anunciada pola Xunta e demandan que a reapertura da Mina de Touro-O Pino “siga o mesmo camiño” que a macrocelulosa e anuncian a comparecencia “nos procedementos que dea lugar”

A CIG pide a remunicipalización do SAF de Redondela para garantir os dereitos laborais e unha atención de calidade

Redondela -
O Goberno local rexeitou a proposta da central sindical de sacar un contrato ponte mentres se avanza no proceso de xestión directa

A CIG aborda coa Intersindical catalá e valenciana o papel dos sindicatos nacionalistas e de clase nos conflitos laborais docentes

Nacional -
A secretaria nacional, Laura Arroxo, expuxo a resistencia do Goberno galego a negociar, a ocultación mediática e a submisión dos principais sindicatos estatais

O persoal da recollida do lixo da Mancomunidade do Salnés continúa coas mobilizacións por un convenio digno

Ribadumia -
Este luns concentrouse en Ribadumia e mantivo un peche simbólico no salón de plenos na procura de manter unha reunión co presidente do ente

Persoal do comercio de alimentación mobilízase contra os intentos de Gadis de perseguir o dereito á folga

A Coruña -
A empresa presentou unha demanda reclamando 1.250.000 euros, contía que considera que deixou de gañar durante os paros

Persoal do servizo de limpeza da UVigo concéntrase contra os despedimentos

Vigo -
A CIG-Servizos reclama a readmisión das tres persoas afectadas e advirte dos numerosos incumprimentos da empresa concesionaria