A CIG convoca mobilizacións contra a política represiva da empresa Atunlo O Grove co seu cadro de persoal

O Grove -
A dirección continúa a impoñer sancións a pesar das sentenzas favorábeis que obtivo a central

O comité de Vitrasa amosa a súa disposición a negociar e lembra que é a dirección a que non convoca xuntanzas

Vigo -
Os paros parciais contra os incumprimentos da empresa están a ter un seguimento moi elevado

Atinxido un acordo para a mellora das condicións laborais e sociais no transporte sanitario non urxente de Ferrol

Ferrol -
A asemblea de traballadores/as ratificou o pacto e desconvocou a folga dos días 7, 8 e 11 de outubro

Anulan a sanción a unha traballadora de Pescanova que denunciou acoso sexual e laboral dun encargado

Vigo -
O xulgado condena a empresa por vulnerar o dereito fundamental a non ser discriminada por razón de sexo

O comité de Vitrasa denuncia a vulneración do dereito de folga con servizos mínimos abusivos e encubertos

Vigo -
A representación do persoal da concesionaria do transporte urbano vai impugnar o decreto do Concello

O comité de Vitrasa convoca paros parciais contra o exceso de xornada e os incumprimentos da empresa

Vigo -
Serán de luns a venres e de xeito indefinido a partir deste luns día 4

A negociación do convenio estatal da conserva de peixe trasládase a Galiza grazas á participación da CIG na mesa

O Salnés -
A central celebrou unha asemblea de delegadas/os do sector e levou a cabo unha mobilización en Vilagarcía

A FGAMT-CIG de Ferrol apoia a protesta das usuarias/os pola situación caótica do transporte en autobús

Ferrol -
Dende que Monbus se fixo coa concesión agravouse a precariedade laboral e o deterioro do servizo

Ofensiva xudicial contra o Sergas, o 061 e Coexam tras a morte dun doente nunha ambulancia sen asistencia

Vigo -
A familia do afectado e a CIG iniciarán accións legais para evitar o uso de vehículos en precario

A CIG denuncia a morte dun doente nunha ambulancia sen asistencia sanitaria enviada polo 061

Vigo -
A central esíxelle ao Sergas que deixe de reforzar o servizo de urxencias vigués con vehículos precarios

Unha nova sentenza recoñece como falso autónomo o persoal de Servicarne que traballa en Frigolouro

O Porriño -
O Xulgado do Social de Vigo confirma unha vez máis as teses da CIG de que se trata de traballadores/as por conta allea

A CIG rexeita o convenio do Transporte de Mercadorías pontevedrés ao non mellorar as condicións laborais

Pontevedra -
Acusa a CCOO e UGT de “comprar” o discurso patronal, cando o traballo no sector aumentou coa pandemia

A CIG non asinará o Convenio Estatal de Acuicultura Mariña por non mellorar nin salarios nin condicións laborais

Nacional -
A decisión adoptouse nas asembleas de traballadoras/es que se veñen celebrando dende agosto

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).