Masivo seguimento na primeira xornada de folga convocada nas ITV galegas

Nacional -
Os seguintes paros están previstos para os sábados 17, 24 e 31 de agosto

Persoal das estacións da ITV mobilízase diante do Parlamento para reclamar un convenio digno

Nacional -
Solicitaron reunións cos grupos para abordar a situación laboral

Persoal de Faurencia Escapes protesta contra o acoso laboral e a imposición inxusta de sancións

Vigo -
A CIG estuda presentar denuncia contra a empresa por persecución sindical a súa afiliación

O persoal de Coasa logra por primeira vez unha suba salarial consolidada por riba do convenio

Ourense -
Os traballadores/as da empresa aeronáutica ourensá aprobaron en asemblea o preacordo coa dirección e suspenderon os tres novos días de folga previstos

A CIG critica o deixamento de Endesa e das administracións co persoal das auxiliares

As Pontes -
A central sindical reclama medidas concretas, reais e inmediatas para garantir unha transición xusta

A CIG-Industria traslada á sede da Xunta as protestas en defensa da automoción

Compostela -
Traballadores/as e representantes sindicais de Vigo, Pontevedra e Ourense mobilizáronse en Santiago para esixir medidas que garantan o futuro do sector

A CIG-Industria escenifica as graves ameazas que enfronta o sector galego da automoción

Vigo -
Mobilizouse diante do Concello de Vigo, onde representantes sindicais expuxeron as principais problemáticas, como a precariedade e a deslocalización

Centos de persoas marchan en Ourense en solidariedade coa loita do persoal de Coasa

Ourense -
A manifestación coincidiu cunha nova xornada de folga para reclamar unhas condicións dignas, que rexistrou novamente un seguimento total

O persoal de Coasa convoca unha manifestación en Ourense coincidindo con novas xornadas de folga

Ourense -
Onte e hoxe houbo dous novos paros de 24 horas que tiveron un seguimento do 100% entre o persoal de fábrica

A asemblea de Constellium tumba o intento da empresa de revogar o comité da CIG

O Porriño -
A compañía do Porriño puxo en marcha o proceso como represalia pola folga que durou 25 días e coa que se logrou a readmisión dun traballador

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.