O persoal da UTE Atlántica irá a folga os días 12 e 26 de novembro para esixir melloras laborais e sociais

A Coruña -
A empresa ten adxudicado o servizo de limpeza de contedores da Coruña

Remata sen acordo o período de consultas do ERE de Vestas

Viveiro -
A CIG demanda traballar intensamente na mesa industrial para buscar unha solución de continuidade

Os traballadores/as de XEAL retoman mobilizacións por un convenio digno e para esixir o rearranque dos fornos

Cee -
O mércores día 10, concentraranse diante da fábrica de Brens ás 17:15 horas

CCOO, UGT e CONFEMETAL asinan o convenio estatal de Metal de costas a traballadores/as

Nacional -
Na primeira xuntanza anunciaron que xa tiñan un preacordo que ninguén coñecía

A CIG-Industria faise de novo con toda a representación no comité de empresa de CZ Vaccines do Porriño

O Porriño -
A central obtivo os 13 delegados/as ao ser o único sindicato que foi quen de presentar candidatura

"Á explotación chámanlle integración!”

Vigo -
Persoal de Ilunion-ONCE mobilízase en Vigo contra a precariedade neste Centro Especial de Emprego que presta servizo na automoción

O TS desmonta todos argumentos de Alcoa e confirma a nulidade do ERE

A Mariña -
A CIG reclámalle á empresa que facilite unha solución de futuro e aos gobernos que poñan en marcha xa a intervención pública

O TSXG obriga a restituír como membro do comité de Megasa o delegado da CIG que fora excluído pola UGT

Ferrol -
A sentenza considera que se vulnerou a súa liberdade sindical e condena os demandados a abonarlle unha indemnización

Folga xeral o 17 de novembro na Mariña para esixir políticas de industrialización, servizos públicos e investimentos

Viveiro -
O paro comarcal, convocado por CIG, CCOO e UGT, atinxe a todas as actividades e sectores tanto do ámbito público como privado

A CIG convoca unha protesta en Ilunion pola precariedade neste centro especial de emprego da ONCE

Vigo -
O persoal traballa na automoción e padece altos ritmos de traballo e falta de formación obrigatoria

O persoal de ElectroRayma atrasa a entrada ao estaleiro de Fene para esixir solucións inmediatas

Fene -
Reclámanlle a empresa e a Navantia que senten negociar e cheguen a acordos

Traballadores/as de XEAL concéntranse nos xulgados para esixir a readmisión do compañeiro despedido

A Coruña -
Reclaman tamén o cese das persecucións, a recuperación do emprego e o rearranque dos fornos

Milleiros de persoas reclaman en Viveiro investimentos e políticas de industrialización que dean futuro á Mariña

Viveiro -
A CIG esixe dos gobernos español e galego que amosen o compromiso real coa comarca consignando partidas nos orzamentos

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.