Da reconversión industrial á transición xusta

- Fermín Paz Lamigueiro

O que está a facer e fixo Enel-Endesa no territorio galego nin o sindicalismo nin o ecoloxismo poden consideralo xamais como un ben social. Foi un grande negocio primeiro para o Estado español, logo para Acciona e agora para o Estado italiano e algún dos accionistas capitalistas

A Renda Básica Universal, unha alternativa de esquerdas?

- Suso Seixo

Resultaría absolutamente inxusto que se dediquen recursos públicos a pagarlle unha renda a persoas que non queiran traballar ou a todas aquelas que polos seus ingresos poden levar unha vida económica moi desafogada, e mesmo a aquelas que defenden e son responsábeis deste modelo económico que provoca o que pretenden combater coa RBU

Volver á normalidade?

- Atilio A. Boron

Os gobernos que apostaron pola “maxia dos mercados” para atenderen os problemas de saúde da súa poboación exhiben índices de mortalidade por millón de habitantes inmensamente superiores aos dos estados socialistas que conciben a saúde como un inalienábel dereito humano

O eufemismo da “nova normalidade”

- Adrián Sotelo Valencia

A “nova normalidade” restablece o funcionamento do capitalismo en crise, axústao ás novas circunstancias do mundo pospandemia e afonda nos seus trazos destrutivos e de barbarie. Por iso, será peor e indefectibelmente prevalecerá durante un tempo máis (meses, anos, décadas...), a menos que o capitalismo deixe de existir

Crise Covid-19: As dúas saídas, positiva e negativa, da desescalada

- Francisco Letamendia

As estratexias e tecnoloxías biopolíticas contra a COVID-19 dos países do Sur de Europa, Italia, Estado español e Francia, consisten en medidas estritamente disciplinarias centradas no confinamento domiciliario da totalidade da poboación, acompañadas do tratamento dos casos de infección dentro dos enclaves hospitalarios clásicos. Deste xeito, o domicilio persoal non é xa só o lugar de encerro do corpo, senón o centro da economía do teleconsumo e da teleprodución

Un debate urxente e pendente

- Fermín Paz Lamigueiro

É un espazo que temos que construír xuntos se queremos atoparnos. Nel, deberíamos facer o meirande esforzo para entendernos e convencernos da necesidade de loitar en común

Portugal: Como vamos de «novo normal»?

- António Abreu

A crise pandémica em que ainda continuaremos expôs já muitas das fragilidades do modelo económico em que vivemos. Há que afirmar um novo paradigma económico, que garanta maior intervenção do Estado na economia, até porque podemos viver tempos ainda mais sombrios

Quen pagará a crise?

- Manuel Mera

Non se pode desbotar unha repetición do guión das crises anteriores, con cambios mínimos e retrocesos sociais, porque aínda aumentado as contradicións entre clases e territorios, unha transformación progresista é practicamente imposíbel que sexa feita polas mesmas forzas que dende a dereita e esquerda do sistema o viñeron sustentando politicamente durante décadas

Unha estratexia de confrontación

- Fermín Paz Lamigueiro

Aínda que recentemente houbo un certo ilusionismo de cambio cos partidos emerxentes, a dinámica demostrou que xestionar só o descontento non é unha alternativa. É moi posible que a pandemia supoña a centrifugación de moitos dos apoios electorais para encher outra vez os espazos exclusivistas dos dous partidos que gobernan no Estado dende 1977

A crise do Covid-19 e o absurdo do neoliberalismo

- Costas Lapavitsas

As raíces da crise económica derivada do coronavirus descansan no debilitamento da acumulación capitalista no período precedente, que é evidente nos Estados Unidos, China e a Unión Europea. O impacto da crise será, en calquera caso, probabelmente moi distinto en cada unha destas economías debido ás súas diversas estruturacións


Quizais quixo dicir:

Acontece

< Novembro 2020  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
            1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            
Próximos acontecementos
Actualmente non hai eventos próximos