Persoal de limpeza de Correos mobilízase en Pontevedra para reclamar o cobro dos seus salarios

Pontevedra -
A empresa, SCT, que xa viña pagando con atrasos, non abonou as nóminas do mes de xullo

Recoñécese o dereito do persoal dos centros cívicos de Compostela a manter as condicións laborais anteriores á subrogación

Compostela -
O xulgado do Social obriga a Serviplustotal, Atlantic Ponte 2000 e Nor'Integra a aplicar o convenio vixente cando asumiron as concesións

"Mercadona escoita, a CIG está en loita"

Oleiros -
A central mobilizouse na tenda de Perillo pola readmisión dun traballador e contra os abusos laborais

Convocan paros na recollida do lixo de Vilagarcía para reclamar un convenio digno

Vilagarcía -
Desenvolveranse os vindeiros tres venres de 13:30 a 14:00 na quenda de mañá, de 14:00 a 14:30 na de tarde e de 23:00 a 23:30 horas na de noite

O comercio de alimentación de Pontevedra suspende a folga ante a última proposta de convenio da patronal

Vigo/Pontevedra -
O empresariado ofrece unha suba salarial do 13% nos catro anos de vixencia, con clásula de revisión salarial a IPC e con carácter retroactivo

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.