Nova demanda contra DomusVi Ferrol pola imposición dun calendario laboral ilegal e inasumíbel

Ferrol -
Traballadoras/es da residencia concentráronse nos xulgados para denunciar os abusos da empresa

Convocada folga nas residencias de maiores e nos centros de día privados ante a negativa da patronal a rematar coa precariedade

Nacional -
Denuncian salarios de miseria, sobrecarga de traballo e falta de tempo para prestar atención digna

Tras aplicar varios ERTE consecutivos, Comar anuncia o peche dunha sala de Bingo e o despedimento do persoal

A Coruña -
CIG-Servizos da Coruña critica a nefasta xestión da empresa

As traballadoras da limpeza da Garda Civil de Tráfico en Lugo, en folga indefinida polo cobro dos seus salarios

Lugo -
A empresa adxudicataria, Yaunde SL, débelles xa cinco meses de soldo

Desconvocada a folga en Froiz Mar tras pactar uns horarios con descansos que permiten conciliar a vida laboral e familiar

Pontevedra/Vigo -
Os paros previstos para hoxe, mañá e pasado non chegaron a comezar

A CIG esixe medidas para atallar o elevado risco psicosocial en Lefties e o cese da represión sindical

Santiago -
A central concentrouse nunha das tendas do centro comercial As Cancelas de Compostela

A CIG demanda que se reforce o cadro de persoal da recollida de lixo do Concello de Padrón e negociar o convenio colectivo

Padrón -
O volume de traballo incrementouse nos últimos anos pero o servizo ten unha persoa menos

O PP segue apostando pola privatización e rexeita a proposta da CIG de crear un sistema galego público de atención ás persoas

Nacional -
A central concentrouse no Parlamento para esixir servizos públicos de calidade e dignificar as condicións laborais do persoal

O persoal de seguridade do CAPD de Redondela mobilízase para esixirlle a Mersant o pago dos salarios

Redondela -
A adxudicataria do servizo neste centro da Xunta segue sen abonar as nóminas de decembro e xaneiro

A iniciativa da CIG para a creación dun sistema público galego de atención ás persoas chega a debate do Parlamento

Nacional -
A central convoca unha concentración o mércores 9 de febreiro ás 11h no Pazo do Hórreo

Xornada de mobilizacións contra a violencia machista e o acoso sindical en Prosegur

A Coruña/Ourense -
A CIG fixo dúas concentracións na Coruña para denunciar as prácticas vulneradoras dos dereitos que se dan nesta empresa

A CIG revalida a maioría absoluta nas eleccións en Cyrgasa, auxiliar con máis persoal da factoría de Alcoa

A Mariña -
A central obtivo tres dos/as cinco representantes do comité

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.