Seguimento total na nova xornada de folga contra os despedimentos e os peches de tendas en H&M

Nacional -
O pasado sábado as traballadoras realizaron mobilizacións en Ourense, Vigo, Narón e Lugo

As traballadoras do H&M de Ourense secundan o terceiro día de folga contra o ERE

Ourense -
Este sábado continuarán co paro, ao que tamén se sumarán as compañeiras do resto das tendas en Galiza

Centos de persoas, armadas con fregonas, maniféstanse por un convenio digno na limpeza coruñesa

Nacional -
As traballadoras erguen a súa ferramenta de traballo contra unha patronal que as confina na precariedade

Traballadoras da limpeza en folga sacan as fregonas amarelas á rúa en demanda dun convenio digno

Nacional -
Mañá manifestaranse en Compostela ás 11:30 horas, desde a rotonda de Rosalía de Castro, no campus Sur

A CIG denuncia o Centro Comercial Abella por promover e consentir o instrusismo profesional

Lugo -
Os vixilantes de seguridade foron substituídos por persoal sen a habilitación á que obriga á lei

O persoal de Sidecu en Pontevedra iniciará mobilizacións se a empresa non actualiza os salarios

Pontevedra -
A compañía reabriu as súas instalacións deportivas pero segue sen cumprir o convenio galego

"Pregos esquecidos, dereitos perdidos"

O persoal de Albada prosegue mobilizacións para demandar ao Concello que se faga cargo da planta

Anuncian a convocatoria de asembleas ante a actitude da patronal de residencias no convenio

Nacional -
Advirten de que se non muda a súa posición “non queda máis remedio que iniciar mobilizacións”

O TSXG condena a Seaga a retornar ao persoal os 8 días de permiso retribuído recuperable

Nacional -
Descontáronllos das vacacións e asuntos propios en 2020

O comité de folga da limpeza da Coruña anuncia novos paros para os días 11 e 12 de maio

A Coruña -
Denuncian que a patronal continúa na súa actitude “despreciativa e insultante” co persoal do sector

A privatización do SAF de Pol está a supor a precarización das condicións laborais das traballadoras

Pol -
O goberno municipal, que non quere dialogar co persoal, tentou obstaculizar as eleccións sindicais

As monitoras e monitores da rede de comedores escolares de Ames seguen sen vacinar

Ames -
Concello e adxudicataria remitiron a listaxe á Xunta que non deu aínda resposta

Desconvocada a folga en Urbaser tras chegar a un acordo para a xubilación parcial

Compostela -
Cando se adxudique o contrato retomaranse as negociacións coa nova empresa

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.