Un 80% do persoal do comercio do metal da provincia de Pontevedra secunda a folga por un convenio digno

Vigo/Pontevedra -
O paro de 24 horas convocado pola CIG, CCOO e UGT afectou ás principais empresas de distribución, recambios e concesionarios

A Mancomunidade do Val Miñor pon en risco 29 empregos ao non intervir na temperatura da auga da piscina

Val Miñor -
A empresa concesionaria, Serviocio, rebaixouna para aforrar custos, o que está a provocar perda de socios/as na instalación

A CIG mobilizarase contra a modificación das condicións de traballo do persoal do Centro Deportivo Moaña

Moaña -
A empresa que xestiona a instalación municipal, FCC-Aqualia, rebaixará un 20% os custes salariais mediante redución de xornadas

O comercio do metal pontevedrés convoca folga ante a ruptura das negociacións do convenio

Vigo/Pontevedra -
Este sábado 19 haberá unha mobilización no IFEVI en Vigo, coincidindo co Salón do Vehículo Usado e de Ocasión

As empregadas de Limpiezas Limpuen de Ponteareas, en folga indefinida, mobilízanse para esixir o pago dos salarios

Ponteareas -
A maioría leva sen cobrar dende agosto, e algunhas incluso dende xullo

A CIG amplía a maioría absoluta no comité de Senior, contrata de loxística de GKN en Vigo

Vigo -
A central pasa de 3 a 4 delegados, CCOO conserva 1 e UGT queda sen representante

“Grupo ONCE, escoita, estamos en loita!”

Vigo -
Persoal de Ilunion clama contra a precariedade e a explotación laboral nos centros especiais de emprego

Denuncian que a falta de persoal no Concello de Redondela afecta a atención e a calidade dos servizos

Redondela -
A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa lembran que 20 dos 160 postos existentes están sen cubrir

A CIG-Servizos rexeita o acordo que puxo fin á folga na empresa de limpeza de contedores en Stellantis

Vigo -
Urbano Bernabé, sancionado por vulneración do dereito de folga, impón o convenio de transporte, establecéndose dobre escala salarial

A CIG-Banca mobilízase en Vigo polo dereito de conciliación, contra os despidos e pola actualización salarial

Vigo -
Desenvolveu concentracións diante dos xulgados e ás portas das principais entidades financeiras

A CIG-Saúde advirte que a nova venta de Povisa compromete o dereito a unha asistencia de calidade

Vigo -
​ Aposta pola xestión pública do centro médico e insiste na necesidade de garantir recursos para dar unha atención digna

O persoal de Ilunion retomará as protestas contra a precariedade e a explotación das persoas con capacidades distintas

Vigo -
A representación da CIG no comité convoca concentracións diante da sede da ONCE en Vigo os días 8, 10, 17 e 24 de novembro ás 10:45 horas

O comité de Vitrasa impugnará os servizos mínimos “abusivos” impostos unha vez máis polo Concello

Vigo -
A representación dos traballadores/as valora moi positivamente a resposta do cadro de persoal á convocatoria de paros parciais