A CIG obtén a totalidade da representación no servizo de mantemento da AP-9 e a AG-55

A Coruña -
A central logrou as cinco persoas que se escollían ao comité da provincia da Coruña

12.000 persoas claman en Verín por unha sanidade pública de calidade, próxima e sen esperas na comarca

Verín -
Na manifestación deste sábado denunciouse a perda de servizos e profesionais e exixíronselle solucións urxentes á Consellaría e a Xerencia

A sección sindical da CIG no Concello de Vigo solicita a reparación do persoal funcionario represaliado polo franquismo na guerra civil

Vigo -
Subliñan que, dun total de 895 persoas traballadoras, 226 foron sancionadas

Persoal da industria vitivinícola reclámalle á patronal que sente xa negociar o convenio colectivo

Cambados -
A protesta desenvolveuse en Cambados coincidindo coa Festa do Albariño

As traballadoras do SAF de Muxía advirten que os problemas na organización continúan e reclaman actuacións das administracións

Muxía -
Alertan de cambios continuos de persoal e dos horarios de atención, tempos de desprazamento insuficientes ou modificacións unilaterais nos calendarios laborais

A CIG-Ensino cualifica o documento base do Ministerio para reformar o sistema de ingreso docente de “escaso calado”

Nacional -
As negociacións comezarán a partir de setembro e en calquera caso non afectarán ás oposicións de 2027

O persoal do Concello de Cariño retoma as mobilizacións ante parálise na negociación da RPT

Cariño -
Este venres fixeron unha cazolada na Casa Consistorial e mañá, sábado día 1, sairán en manifestación para exixir condicións dignas e uns servizos públicos de calidade

Correos ten o persoal de Coristanco soportando temperaturas de até 29,6 ºC sen climatización nin medidas preventivas

Coristanco -
A CIG-Correos critica que a empresa limita as súas indicacións a recomendar saídas á rúa durante dez minutos cando se superan os 27 ºC

O Ministerio acepta a demanda histórica da CIG-Ensino de baixar a ratio da FP básica a 15 por aula

Nacional -
A medida debería entrar en vigor xa o vindeiro curso

Persoal do transporte de mercadorías continúa en Ferrolterra as protestas para reclamar un convenio provincial digno

Ferrol -
Este xoves un grupo de traballadoras e traballadores concentráronse en Narón en resposta ao bloqueo da negociación

A CIG rexeita os intentos de perseguir o activismo solidario co pobo palestino

Ferrol -
A central apoia a concentración nos xulgados de Ferrol en solidariedade co compañeiro Bruno Lopes, acusado de antisemitismo polo seu activismo antisionista

Traballadoras do SAF exixen condicións laborais dignas e seguras un ano despois do asasinato da compañeira Teresa

Nacional -
A CIG mobilizouse para reclamar seguridade real no sector de coidados e rexeitar a negativa da Xunta a asinar o protocolo de prevención ante situacións de violencia e o documento de compromiso adxunto

Convocada folga o 12 de agosto por unhas condicións laborais e salariais dignas na hostalaría da Coruña

A Coruña -
A patronal négase a asumir ningunha demanda social e só pretende recortar dereitos como o complemento de IT