- « Primeiro
- « Anterior
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- Seguinte
- Último »
10936 resultados
Continúan as mobilizacións contra a explotación laboral no servizo de limpeza dos hospitais Clínico e Gil Casares
Compostela -
O persoal concentrouse esta mañá diante da sede de Ilunion, na Coruña, e anuncia xa a primeira mobilización en setembro, para o día 12
A CIG denuncia na Inspección de Traballo a explotación laboral das traballadoras do Parador de Muxía
Cee -
Santos Canosa afirma que teñen exceso de xornada “non pagada”, que se vulneran os seus dereitos sindicais e exixe sancións inmediatas para rematar con esta situación
O comité de Einsa Print anuncia a impugnación do ERE ante a Audiencia Nacional
As Pontes -
Denuncian que están desmantelando a maquinaria da imprenta de As Pontes e que hai persoal alleo á empresa traballando
CIG-Correos alerta de colas de até 45 minutos nas oficinas do Calvario e Balaídos
Vigo -
Denuncia á empresa por atentar contra a saúde do persoal, sometido a unha presión que dispara as baixas e os accidentes laborais
Asinado o novo convenio de hostalaría de Ourense con avances en permisos, festivos e salarios
Ourense -
A CIG-Ourense chama á loita contra os abusos empresariais para combater os incumprimentos
A CIG urxe á FEGAMP a poñer data e hora para iniciar a negociación do Protocolo de prevención da violencia no SAF
Nacional -
Denuncia a “inacción” de Política Social e a “pasividade” da conselleira por “non exercer as súas competencias” na materia
A CIG non asina o preacordo de convenio de Pescanova pola perda de dereitos que supón
Nacional -
Acusa a CCOO e UGT de renunciar á loita sindical e de pregarse ás ameazas da empresa
A CIG denuncia que o MAPA discrimina ao persoal de Inspección de Pesca galego
Nacional -
O colectivo cuestiona que se neguen accesos a porto a barcos como os de Terranova
A CIG empraza ás administracións a negociar, con urxencia, un Protocolo de prevención da violencia no traballo no Servizo de Axuda no Fogar
Nacional -
Presentou a súa proposta de protocolo marco e convoca folga, o 13 de agosto, para presionar ás administracións para reclamar a dignificación e garantir a seguridade do persoal dos SAF
O paro cebouse, o pasado mes de xullo, en Galiza coas mulleres de entre 30 e 44 anos do sector Servizos
“Se queremos ter un futuro estable e unha mellora real, non se pode manter unha economía exclusivamente sobre actividades ligadas ao turismo”, afirma González Sío
A CIG non asina o preacordo do convenio de hostalaría de Pontevedra porque non acada as reivindicacións exixidas
Pontevedra -
O texto incorpora un novo contrato fixo descontinuo a tempo parcial que afondarán na precariedade laboral do sector
As demandas xudiciais da CIG-Ensino obrigan a Consellaría a ofertar no CADP prazas do Plan Mega como interinidades
Nacional -
A rectificación prodúcese despois de que haxa data de xuízo para algunha das demandas
A CIG exixe á Xunta de Galiza a convocatoria urxente dunha reunión para acordar medidas preventivas e protocolos no SAF
Nacional -
A central sindical desenvolveu máis de 50 mobilizacións por todo o país nas que se lembrou á compañeira Teresa e ten convocada folga no sector para o 13 de agosto
- « Primeiro
- « Anterior
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- Seguinte
- Último »