A CIG esixe que se priorice o mantemento da actividade fronte ao desmantelamento das empresas Frigodeza, Nucamsa e Rivero

Pontevedra/Ourense -
Demándalle ao administrador concursal que opte polas ofertas neste sentido e adopte medidas de vixilancia para evitar a venda de activos

Almacéns paralizados e tendas pechadas ou en mínimos na nova xornada de folga no comercio de alimentación da Coruña

A Coruña/Ferrol/Compostela -
O persoal manifestouse na cidade herculina para demostrar a disposición a seguir na loita por un convenio digno

A plataforma en defensa dos medios públicos denuncia a manipulación insoportable e secundará a mobilización do comité

Nacional -
Exíxelle á dirección da TVG e a Radio Galega respecto polos principios de veracidade e pluralismo, así como a diferenciación entre información e opinión

A CIG convoca “martes negros” en Iberdrola para denunciar a perda de poder adquisitivo

A Rúa -
Desenvolve concentracións durante o mes de outubro diante da sede principal da compañía eléctrica na Rúa de Valdeorras de 8:30 a 8:45 horas

A CIG quenta motores cara a folga xeral con asembleas de persoas delegadas e mobilizacións nos edificios da Xunta

Nacional -
No marco da campaña posta en marcha en setembro en demanda dun Plan de Choque con medidas urxentes ante a situación de emerxencia social

Centos de persoas mobilízanse na folga do comercio de alimentación en Compostela e Ribeira

Compostela -
Na xornada de folga do martes, día 13 de outubro, está convocada na Coruña unha manifestación que sairá ás 12 horas da Praza de Lugo e rematará na Praza de San Agustín

10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental: en defensa do dereito á baixa laboral

Nacional -
SOS Sanidade Pública organizou mesas de debate en cidades e vilas con motivo da conmemoración

O comité de BorgWarner anuncia protestas ante o incumprimento do convenio en materia de xornada, contratación e saúde

Vigo -
A empresa de automoción con centros de traballo no Porriño, Vigo e Nigrán precarizou as condicións laborais dende a chegada da nova dirección

Desconvocada a folga no comercio de alimentación de Lugo tras UGT asinar un convenio ás agochadas do persoal

Lugo -
A CIG rexeita esta nova traizón cando o sector estaba mobilizado e disposto a pelexar por unha mellora real das súas condicións salariais e laborais

O persoal de Betanzos HB e da auxiliar Masa concéntrase en memoria do compañeiro falecido e para esixir máis seguridade na fábrica

Betanzos -
A mobilización tivo lugar este venres ás 17:30 horas ás portas da factoría, tras o accidente laboral mortal ocorrido o pasado luns

A CIG, CCOO e UGT retoman as mobilizacións en demanda dun convenio digno para o transporte de mercadorías da Coruña

Compostela -
Nacho Pavón denuncia a insuficiente oferta salarial da patronal e reclama reducir a xornada e garantir a compensación do traballo nocturno e en domingos e festivos

A CIG participa en Montevideo no 60 aniversario da unificación da PIT-CNT

Internacional -
Baixo o título “Internacionalismo, integración rexional e futuro do traballo” foron chamadas a participar distintas organizacións sindicais e sociais, entre as que se encontraba a CIG