O persoal da Escola de Música e do Conservatorio do Concello de Cambados reclama melloras laborais

Cambados -
A CIG-Ensino propón que os contratos sexan de 10 meses e que se incremente o prezo da hora de clase que se lle paga ao profesorado

A UVigo é a única pendente da suba salarial a 600 PDI con contratos pre e posdoutorais ou de proxectos de investigación

Nacional -
A CIG-Ensino denuncia que segue sen se cumprir a sentenza do Supremo pola que ten que aplicarse a suba salarial no sector público dos anos 2022 e 2023 a todo o PDI da universidade

Traballadoras das escolas infantís municipais da Coruña protestan contra o empeoramento das súas condicións laborais

A Coruña -
Os novos pregos non recollen ningunha mellora laboral, salarial ou na atención ás crianzas e ademais o Goberno local prima as empresas que oferten 50 horas de traballo en fins de semana

O IES de Carral convoca folga o día 17 pola imposición unilateral da Consellaría dun ciclo de FP Básica

Carral -
O equipo directivo dimitiu en bloque e o luns 15 está convocada manifestación de toda a comunidade educativa

A proposta ministerial de baixada de ratios en infantil e bacharelato pendente de superar as emendas á totalidade no Congreso o día 18

Nacional -
A CIG-Ensino instou o Ministerio a avanzar na redución en todas as etapas, incluído o primeiro ciclo de infantil

Mobilízanse para esixir a recuperación dun plus salarial de hai 20 anos eliminado na escola infantil do Santiago Apóstol de Soutomaior

Soutomaior -
Profesorado desenvolveu hoxe unha concentración convocada pola CIG-Ensino diante do centro educativo coincidindo coa entrada do alumnado

Denuncian a eliminación dun complemento salarial de hai 20 anos na escola infantil do Santiago Apóstol de Soutomaior

Soutomaior -
A CIG convoca unha concentración diante do centro educativo este xoves día 11 coincidindo coa entrada do alumnado

A caravana reivindicativa chega a Compostela para exixir melloras laborais nos sectores da discapacidade, menores e educación infantil 0-3

Nacional -
Teñen convocada para mañá unha manifestación desde o Monte do Gozo, ás 11:00h, até San Caetano e unha nova xornada de folga á que se sumará o persoal dos centros públicos de 0-3

Denuncian o atraso na licitación da escola infantil municipal de Vilagarcía

Vilagarcía -
A CIG desenvolveu unha nova mobilización este sábado para reclamar a axilización do proceso ou a xestión directa do centro

Arrinca en Arzúa o Camiño de Santiago reivindicativo por melloras nos sectores da discapacidade, menores e infantil 0-3

Arzúa -
A mobilización culminará o mércores cunha folga parcial de 6 horas (das 9 ás 15 horas) e cunha marcha desde o Monte do Gozo até a sede da Xunta, en San Caetano, con saída ás 11 horas

Unha caravana de persoal do ensino concertado percorre Vigo e A Coruña por melloras laborais e salariais

A Coruña/Vigo -
A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións acordadas ante a falta de vontade negociadora da Consellaría

A CIG-Ensino cualifica o Plan para o impulso da atención á diversidade como “insuficiente e propagandístico”

Nacional -
Critica que a Xunta fixera, de novo, un anuncio á prensa sen traer o documento a este órgano, “o que demostra a súa nula vontade de negociar”