A II Asemblea da CIG-Industria de Vigo reelixe a Xulio Fernández Alonso como secretario comarcal
Tamén se renovou a Executiva Comarcal e escolléronse os/as representantes do Consello Federal
A CIG solicita xuntanzas cos grupos parlamentarios para coñecer as súas emendas á ILP da tarifa eléctrica galega
O PP, que a mantivo aparcada dous anos, intenta que perda o seu sentido
Os traballadores de Masol Iberia Biofuel inician mobilizacións para esixir melloras salariais e sociais
O persoal demanda a equiparación coas condicións que xa teñen noutras plantas do grupo
A folga na industria auxiliar de Navantia cumpre 21 días coa vista posta na votación deste xoves
O persoal decidirá con todas as garantías seguir ou non co paro
A loita do persoal das auxiliares do naval suma 19 días de dignidade
Os/as traballadores/as permanecen, como cada xornada, dende as 05:00 horas ás portas dos estaleiros
Convocada folga en Artes Gráficas o 25 e 26 de outubro e o 7 e 8 de novembro por un convenio digno
A CIG entende que nesta negociación tense que garantir a recuperación do poder adquisitivo do persoal
Xoán Xosé Bouzas 'Tupi' reelixido por unanimidade secretario nacional no II Congreso da CIG-Industria
O proceso celebrouse baixo o lema "Compromiso constante, organización e loita"
A CIG non recoñece os resultados da votación "convocada por UGT e CCOO a instancias das empresas"
A folga na industria auxiliar de Navantia continúa adiante
CIG-Ferrol alerta de presións ao persoal das auxiliares para ir á votación convocada por CCOO, UGT e MAS
Moitos/as traballadores/as dirixíronse á CIG para denunciar irregularidades no proceso
CIG-Navantia apunta á responsabilidade da empresa no conflito das auxiliares
Consideran que a folga pon ao descuberto as consecuencias da masiva subcontratación
Este xoves 19 de outubro, manifestación pola recuperación dos acordos salariais na industria auxiliar
A CIG anima a toda a comarca a solidarizarse coa loita deste persoal que hoxe chega ao 14º día de folga
Loita nas auxiliares do naval: "Esta folga é lexítima e a reivindicación do persoal xusta e necesaria"
A CIG chama a toda a comarca a apoiar a manifestación convocada para este xoves, ás 19 horas
O persoal da Auxiliares de Navantia sairá en manifestación o vindeiro xoves 19 de outubro
Convoca ademais concentración o martes na porta principal de Navantia Ferrol
Sectores produtivos relacionados coa federación
Metal
Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.
Químicas e enerxía
Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.