- « Primeiro
- « Anterior
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39

O comité de Unísono convoca paros e concentracións en Vigo este mércores contra o abuso na xestión das quendas
A representación do persoal denuncia que a empresa exerce unha “presión extrema” sobre os traballadores/as para que non secunden a protesta
Concentración contra a “vitimización secundaria” que aplica Extel a unha traballadora que sufriu violencia de xénero
A empresa descontoulle 47€ da nómina de setembro polo tempo que dedicou a acudir ás consultas médicas na súa condición de vítima

Persoal do 112 e 061 denuncia que o traslado destes servizos de Compostela á Estrada é unha decisión política e non técnica
Os traballadores/as informaron este xoves das consecuencias que terá para a cidade e para os propios servizos

A CIG de Lugo denuncia a represión e os despedimentos na empresa “Esco Expansión”
A firma botou a 7 traballadores/as 2 días despois da asemblea do persoal na que acordou presentar conflito colectivo por incumprimento do convenio
Amplo seguimento na primeira xornada de paros no sector dos centros de chamadas pola paralización do convenio estatal
Centos de traballadores/as concentráronse ás portas das principais empresas en distintos puntos do país
O 80% do persoal de Extel vai á folga contra o peche dun servizo e a modificación das condicións laborais
A Sección Sindical da CIG convocou o paro contra o plan de empresa de cambiar as quendas e horarios a preto de 60 empregadas/os

A CIG-Extel convoca folga para este xoves ante o peche dun departamento no que traballan preto de 60 persoas
Xunto co paro, de 24 horas, tamén está convocada unha concentración diante da empresa entre as 12 e as 13 horas

A CIG convoca paros nos centros de chamadas contra a paralización do convenio colectivo estatal
A central rexeita a proposta de flexibilización de horarios achegada pola patronal

Delegados/as da CIG nos centros de chamadas protestan no Parque Tecnolóxico de Ourense polo bloqueo do convenio estatal
Os traballadores/as decidiron en asemblea incrementar as mobilizacións se non hai avances na vindeira reunión da mesa negociadora
Extel desconta do salario a unha traballadora vítima de violencia de xénero o tempo por acudir ao servizo médico
A actuación da empresa supón unha grave vulneración dos dereitos que amparan ás mulleres que sofren violencia machista

Unísono rectifica e negociará co comité de Vigo, que apraza os paros
A representación do persoal logra que a dirección da empresa se sente por fin a negociar despois da convocatoria de paros
- « Primeiro
- « Anterior
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
Sectores produtivos relacionados coa federación
Banca Pública, Banca Privada, Caixas de Aforro, Caixas Rurais, Cooperativas de Crédito, Entidades de Financiamento e de Alugamento Financeiros, Seguros e Reaseguros, Bolsa, Sociedades de Valores e similares, Telemarketing, as TIC, Oficinas e Despachos en xeral como Notarías, Rexistros, Servizos Xurídicos, Colexios Profesionais, Xestorías Administrativas, Auditorías, Asesorías Fiscais, Axencias Inmobiliarias, Axencias de Publicidade, Oficinas de Selección e Colocación de Persoas, Oficinas Técnicas de Arquitectura ou Enxeñeiras e outras entidades de natureza similar.