​O comité de Marfrío de Marín convoca paros parciais e mobilizacións en demanda dun convenio colectivo digno

Marín -
​Darán comezo este venres día 2 e serán dunha hora. Tamén haberá unha protesta diante da empresa de 11:00 a 12:00

O comité de Vitrasa amplía os paros parciais para reclamar un convenio colectivo digno

Vigo -
Desenvolveranse os luns, mércores e venres de 7:30 a 9:00, de 14:00 a 15:30 e de 00:00 a 1:30 horas

Esixen o rescate da concesión do transporte sanitario programado de Pontevedra-O Salnés por graves incumprimentos

Pontevedra/O Salnés -
O comité de empresa de Ambulancias Civera denuncia a falta de material básico e o uso de vehículos que non pasaron a inspección sanitaria ou a ITV

O comité de Vitrasa impugnará os servizos mínimos “abusivos” impostos unha vez máis polo Concello

Vigo -
A representación dos traballadores/as valora moi positivamente a resposta do cadro de persoal á convocatoria de paros parciais

​ A CIG reclamará que todas as agresións ao persoal sanitario sexan consideradas atentado contra a autoridade

Cangas -
​ A central sindical condena a malleira sufrida por un técnico de emerxencias no PAC de Cangas e critica a actuación da Garda Civil por non ter practicado detencións

Os paros en Vitrasa para forzar a negociación do convenio comezan este mércores tras abandonar a empresa a mediación

Vigo -
A concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo abandonou a mesa sen achegar unha proposta

Os condutores da liña do aeroporto de Santiago exixen solucións no Concello

Compostela -
Interviñeron no pleno municipal que debateu dúas iniciativas sobre a súa situación

O comité de Vitrasa adía até o 2 de novembro os paros para forzar a negociación do convenio

Vigo -
A empresa esgrime un posíbel defecto de forma na comunicación a pesar de que foi feita como en ocasións anteriores

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).