O comité de Losán convoca unha nova mobilización en defensa do emprego e do futuro industrial
A empresa continúa sen abonar os salarios nin trasladar información clara sobre a viabilidade das fábricas
Centos de traballadores e traballadoras do transporte en autobús exixen que se respecte o resultado das votacións
Manifestáronse en Compostela para reivindicar un convenio colectivo digno e rexeitar a traizón á vontade expresada polo sector contra o acordo
A CIG chama o persoal do transporte en autobús a manifestarse contra a imposición patronal do acordo que foi rexeitado en votación
O empresariado, UGT e CCOO seguen alongando o conflito co único obxectivo de maquillar a sinatura do texto que o persoal non quere
A CIG promove protestas nas empresas da conserva para denunciar o “secuestro” do convenio até 2030
A central convoca unha mobilización en Ribeira o sábado 28 febreiro para rexeitar a “traizón” de CCOO e UGT, que volveron ratificar o preacordo
A CIG convoca manifestación este domingo polo desbloqueo da negociación do convenio do transporte de viaxeiros/as
Representantes do persoal e membros da CIG protagonizaron hoxe un peche na sede da patronal coruñesa
Delegados e representantes da CIG péchanse na patronal coruñesa polo bloqueo á negociación do convenio do transporte en autobús
As asembleas de persoal acordan a suspensión da folga ante a traizón de UGT e a indefinición de CCOO
O que está a acontecer no conflito do transporte de viaxeiros/as só pode cualificarse de grave atentado aos dereitos das persoas traballadoras
O transporte en autobús chega á 11ª xornada de folga coa reclamación firme dun convenio digno
O sector dá unha mostra de forza malia a traizón de UGT e CCOO, que tentan revivir o preacordo que foi amplamente rexeitado polo sector
UGT e CCOO impiden seguir negociando e pretenden revivir o preacordo enterrado polo persoal
UGT e a patronal dedicáronse a escenificar unha serie de preguntas xa pactadas e emprazáronse a dar unha resposta o xoves 12
As asembleas de persoal do transporte acordan retomar a folga o mércores 11 se non hai avances na negociación
As asembleas realizadas na Coruña, Santiago e Ferrol contaron cunha participación de arredor de 500 persoas
A CIG convoca asembleas de persoal para decidir o calendario de reactivación da folga no transporte de viaxeiros/as
A patronal e os sindicatos asinantes do preacordo impiden que se retome a negociación do convenio colectivo
O persoal dos autobuses rexeita o preacordo de convenio asinado por UGT, CCOO e a patronal
A CIG solicitará unha reunión urxente da mesa para seguir negociando e avanzar nun acordo digno
Sectores produtivos relacionados coa federación
Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).