Marcha a pé de traballadores/as de Ferroatlántica contra a pretensión de Villar Mir de vender a empresa

Cee -
As mobilizacións continuarán todos os venres de decembro, ás 18:30 horas, diante da fábrica de Brens

Absolven traballador ao que lle pedían prisión por delito contra a liberdade sindical na folga do metal de 2009

Vigo -
A xuíza considera que non existen probas e pon en entredito a credibilidade da acusación

Novo calendario de mobilizacións para esixir a Ferroatlántica que desista nas súas pretensións

Cee -
Non se descarta a convocatoria de folga se a empresa presenta preacordo de venda das centrais

O Comité de Liteyca entende o despedimento dun traballador como unha represalia pola súa participación na folga

Lugo -
Esta tarde realizaron unha concentración diante dunha das tendas de Movistar en Lugo para esixir a súa readmisión

Piden tres anos de prisión para un folguista do metal de 2009

Vigo -
A acusación patronal “busca unha sentenza exemplarizante”, segundo a CIG de Vigo

Asemblea traballadores/as Ferroatlántica acorda suspender temporalmente o peche pero non cesa na loita

Cee -
Á espera do resultado da reunión do luns co goberno galego

CIG-Navantia: "Non entendemos as declaracións do Comité de Puerto Real nin que se impida a saída de chapa para a ría de Ferrol"

Ferrol -
A Sección Sindical da CIG subliña que non vai permitir que se repita o que pasou con Astano

Fronte unánime dos comités de Ferroatlántica contra a venda e para esixir da Xunta que "non permita a segregación"

Cee -
A representación das fábricas de Cee Dumbría, Sabón, das centrais e da mina de Serrabal demanda á empresa que cese nas súas pretensións

Asientos de Galicia, UGT, CCOO e CGT marxinan a saúde laboral no novo convenio

Vigo -
Dirección e sindicatos asinantes do preacordo queren fechar canto antes un convenio con importantes rebaixas

Seixo: "É lamentábel que Feijoo non teña manifestado claramente que a Xunta non autorizará a venda das centrais"

Cee -
Segunda xornada de peche e concentración en rexeitamento ás pretensións de Ferroatlántica

Iníciase o peche indefinido no Concello de Cee contra a venda das centrais

Cee -
Os/as traballadores/as chaman á cidadanía da comarca a participar nas concentracións que se realizarán a diario entre as 18:30 e 19:30 horas

Traballadores/as de Ferroatlántica iniciarán un peche no Concello de Cee contra a venda das centrais

Cee -
A partir do luns 21, con concentracións diarias ás portas da casa consistorial

O persoal da industria do aluminio reclama solucións á Xunta

San Cibrao -
O Comité de Alcoa San Cibrao volve solicitar unha reunión con Feijoo ante as intencións da multinacional de vender as fábricas

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.