A CIG, CCOO e UGT anuncian mobilizacións contra a represión sindical en Alu Ibérica

A Coruña -
O persoal continúa coa folga este xoves e concentrarase ás 17:00 horas na fábrica

A CIG esixe que se recoñeza a Covid-19 como enfermidade profesional polo risco de exposición e non pola categoría ou contrato

Nacional -
A central concentrouse na Delegación do Goberno contra o carácter discriminatorio da norma

Covid-19: enfermidade profesional sen restricións

Nacional -
A CIG reclama unha modificación do RDL 3/2021 porque o virus non distingue entre categorías profesionais nin vínculo laboral

O peche do centro de control de Iberdrola na Rúa afonda no desmantelamento industrial do país

Ourense -
A CIG-Industria reclama o mantemento das instalacións e de todos os postos de traballo en Galiza

XEAL non compra materia prima para arrancar os fornos a pesar do ERTE rematar a finais de mes

Cee -
O persoal concentrarase este venres na fábrica de Cee para esixir o plan de viabilidade

Desconvocada a folga na limpeza de contedores da Coruña ao acadarse un preacordo coa empresa

A Coruña -
UTE Atlántica comprométese a manter o emprego, cambiar a estrutura das nóminas e iniciar a negociacion do convenio

A CIG urxe a Endesa e os Gobernos a concretar os proxectos industriais para As Pontes para garantir unha transición xusta

As Pontes -
Pide paralizar o peche e excluír a eléctrica da poxa de nós e de renovábeis mentres non haxa acordo

Os traballadores/as do naval bótanse á rúa para esixir carga de traballo e inversións

Ferrol -
Manifestáronse dende o estaleiro de Ferrol até a rotonda do Alcampo

Os traballadores de mantemento de Navantia continúan coa folga en defensa do seus dereitos

Ferrol -
Esixen a retirada da actual licitación e elaboración duns pregos novos

O persoal de limpeza e mantemento dos contedores da Coruña irá a folga os días 8 e 12 de febreiro

A Coruña -
Pola readmisión dunha traballadora e para esixir da UTE Atlántica a regularización dos salarios

Os traballadores de mantemento de Navantia seguen coas mobilizacións en demanda dun novo prego

Ferrol -
Este venres cortaron o acceso ao estaleiro de Ferrol e a próxima semana farán folga todos os días

A CIG rexeita as manobras da maioría do comité de Megasa para apartar do órgano a un delegado da central

Ferrol -
Advirte que adoptará todas as medidas legais e xudiciais precisas para que se respecte a decisión emanada das urnas

A CIG esíxelle á UTE Atlántica que readmita a traballadora despedida e respecte o compromiso de mantemento do emprego

A Coruña -
A central pide ao Concello da Coruña que interveña ante esta actuación da contrata da limpeza de contedores

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.