CIG-Navantia cualifica de decepcionante a reunión con Industria pola falta de iniciativas da Consellaría para o naval de Ferrol

Ferrol -
Esixe da Xunta unha estratexia definida para o sector e que impulse accións concretas

Nova mobilización contra a precarización das condicións laborais nas contratas de Inditex

A Coruña -
Coa protesta demándase tamén da readmisión do traballador de SARPEL despedido

Desconvocan a folga en BorgWarner tras o acordo sobre o convenio colectivo

Vigo -
A maioría do comité e a dirección pactaron unha suba salarial en cada un dos tres anos de vixencia

O comité de XEAL continúa as mobilizacións en demanda do plan de viabilidade e o rearranque dos fornos

Cee -
As protestas trasladáronse ás portas da fábrica de Cee

O 100% do persoal de produción da empresa de reciclaxe de Touro TYRMA secunda a folga

Compostela -
O persoal rexeita a modificación substancial de condicións laborais

O metal pontevedrés clama por un convenio digno con protestas simultáneas en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía

Pontevedra -
Os sindicatos deseñarán un calendario de mobilizacións para forzar a patronal a sentarse

A maioría do comité de empresa de BorgWarner aposta por convocar folga indefinida ante a ameaza de deslocalización

Vigo -
O persoal mobilizarase este xoves coincidindo coa última xuntanza para negociar o convenio

O comité de BorgWarner convoca protestas tras anunciar a empresa que pechará a fábrica de Vigo se non acepta o convenio

Vigo -
A dirección pretende que a representación sindical asuma numerosos recortes económicos

A CIG-Industria logra dous delegados/as no comité de ACS Ibérica en Ourense

Ourense -
É a primeira vez que se celebran eleccións sindicais na compañía

A CIG gaña as eleccións en Gabadi e pasa de contar con tres representantes a ter maioría absoluta

Ferrol -
Obtivo cinco dos nove delegados/as que se elixían para o comité

O sector do metal pontevedrés convoca protestas ante a parálise das negociacións do convenio

Pontevedra -
Terán lugar este xoves día 10 en Pontevedra, Vigo e Vilagarcía

Paulo Carril: "Neste xuízo imos demostrar o despropósito e a sen razón dos plans de Alcoa"

A Coruña/Cervo -
O secretario xeral da CIG cualifica a actuación da empresa de "terrorismo patronal" e reivindica a intervención inmediata da fábrica

A CIG consigue a maioría absoluta en Veolia, concesionaria de mantemento do Cunqueiro

Vigo -
Fíxose con 3 dos 5 representantes que se escollían no comité

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.