A CIG-Industria logra os cinco representantes que se escollían no comité da empresa ourensá Egatel

Ourense -
É a terceira vez que a central gaña as eleccións sindicais nesta compañía

A CIG en Aluibérica reclama a intervención das administracións para dotar a fábrica de actividade e garantir os empregos

A Coruña -
Defenden a declaración do aluminio como sector estratéxico e chaman a continuar na mobilización

As centrais urxen a patronal do metal pontevedrés a desbloquear as negociacións do convenio provincial

Pontevedra -
A CIG, CCOO e UGT apostan por pactar un novo acordo que volva ser referente no sector

O Grupo Cándido Hermida está subcontratando traballos cando aínda ten persoal propio en ERTE

Ferrol -
CIG-Industria e a FCM-CIG xa puxeron esta situación en coñecemento da Inspección

A CIG mobilízase pola readmisión dos despedidos en Rubí de Ourense por negarse a traballar en festivo

Ribadavia -
Delegados/as da central desenvolveron unha concentración diante das instalacións de Ribadavia

A CIG consolida a maioría absoluta no comité de Celsa Atlantic

A Laracha -
A central obtivo seis dos nove delegados/as que se elixían

Declarado culpábel o concurso de acredores da empresa ourensá Comescor

Ourense -
A CIG personárase no proceso xudicial en representación dos seus afiliados/as na compañía

"Se non se potencian todas as áreas e non hai financiamento, o futuro dos estaleiros da ría de Ferrol está condenado"

Ferrol -
A sección sindical da CIG denuncia o abandono e o boicot da dirección de Navantia

Persoal das contratas de Inditex mobilízase contra a precarización das condicións laborais

A Coruña -
Piden a readmisión dun traballador de SARPEL e que se respecten os dereitos conquistados

Traballadores/as de Navantia e as auxiliares mobilízanse para esixir carga de traballo e investimentos

Ferrol -
Desenvolveron unha concentración diante do Concello de Ferrol

O TSXG volve dar a razón aos/as traballadores/as e desestima o recurso de Ferroatlántica contra a resolución da Xunta

Cee -
Ratifica o carácter esencial da vinculación como garantía do interese público, neste caso o mantemento do emprego

A CIG urxe os Gobernos a tramitar xa a expropiación de Alcoa por ser a única opción real de continuidade

Cervo -
Calquera resultado que acabe en peche será responsabilidade tanto da empresa como das administracións

Comité de XEAL: falta investimento e mantemento dos fornos e segue sen haber un plan de viabilidade

O persoal continuou esta tarde coas concentracións semanais diante do Concello de Cee

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.