Continúan as mobilizacións para que Inditex equipare as condicións laborais en toda Galiza

Persoal do grupo téxtil na provincia de Pontevedra concentrouse en Vigo para reclamar as mesmas melloras que gozan na Coruña

O persoal dos centros socioculturais do Concello de Santiago denuncia as súas precarias condicións

Compostela -
Anunciaron que iniciarán mobilizacións no mes de setembro

Traballadores/as de Seguridade Privada maniféstanse en Compostela por un convenio digno

Nacional -
Fixeron unha doazón de sangue no Centro de Transfusión de Galiza

Concentración no Hotel Plaza da Coruña pola readmisión das traballadoras despedidas

A Coruña -
CIG-Servizos reclámalle á empresa que abandone a política de externalización de departamentos

Protesta na sede de Inditex en Arteixo en demanda de melloras laborais en ‘Lefties’

Arteixo -
O comité de empresa demanda a equiparación salarial con Zara e menos carga de traballo

O persoal das residencias de maiores continúa coas mobilizacións a prol dun convenio galego digno

Lugo -
Un cento de traballadoras/es desenvolveu unha concentración diante de Geriatros en Outeiro de Rei

Concentración na sede de Inditex en Arteixo en demanda de melloras laborais en Lefties

Nacional -
A mobilización convocada polo comité de empresa terá lugar este xoves 22 ás 12:00 horas

Nova protesta do persoal da limpeza do CHUF contra as represalias e os recortes aplicados por Ferrovial

Ferrol -
Demándanlle á empresa concesionaria que recupere o emprego e os dereitos roubados

O Comité de Eulen SAD acepta ir á mediación, pero non desbota activar a folga

A Coruña -
Se non hai avances significativos no AGA previsto para o 20 de xuño

A CIG, en pé de guerra contra o acoso laboral e a represión sindical na Residencia Geriátrica Salvatierra

Salvaterra de Miño -
Desenvolveu unha concentración ás portas da empresa para denunciar o despido de varias afiliadas da central

CIG-Servizos demanda a readmisión das traballadoras do Hotel Plaza despedidas

A Coruña -
A dirección non respecta os descansos e pretende externalizar varios departamentos

Eulen inicia un ataque ás condicións salariais e laborais do persoal de axuda a domicilio da Coruña

A Coruña -
A empresa xa foi sancionada pola Inspección por non respectar o descanso semanal do persoal

Homenaxean en Fornelos aos brigadistas Xulio Martínez e Rodrigo Amo, finados nun incendio en 2010

Nacional -
Compañeiros/as de Seaga e da CIG-Servizos depositaron un ramo de flores na placa conmemorativa

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.