O persoal do comercio de alimentación de Ourense fai historia cunha nova mobilización masiva

Ourense -
O sector viviu o sábado a terceira xornada de folga e milleiros de persoas participaron na manifestación

O Tribunal Supremo recoñece a fraude masiva na contratación de persoal falso autónomo en Novafrigsa (Grupo Coren)

Lugo -
A CIG agarda que a sentenza de casación peche dunha vez o ciclo de litixios e que o persoal contratado a través de Servicarne vexa recoñecidos todos os seus dereitos

Laura Arroxo substitúe a Suso Bermello á fronte da CIG-Ensino no seu IX Congreso

Nacional -
A federación renovou os seus órganos de dirección e acordou as liñas de traballo para os próximos catro anos

Lois Neto López elixido novo secretario da CIG de Lugo-A Mariña

Lugo -
Na IX Asemblea tamén se renovaron os cargos da Executiva comarcal e escolléronse as persoas que formarán parte do Consello Confederal

A segunda xornada de folga no comercio de alimentación ourensán paraliza a actividade

Ourense -
Os principais supermercados permanecen pechados e centos de piquetes percorren as rúas. Este sábado, novo día de paro e manifestación

Analízase a situación de emerxencia lingüística do galego no Encontro Internacional previo ao IX Congreso da CIG-Ensino

Nacional -
Representantes de sindicatos das nacións do Estado español dan conta das realidades lingüísticas nos diferentes territorios en función do apoio co que contan as linguas

A práctica totalidade do persoal galego de Iberdrola secunda a folga por un convenio digno

Ourense -
A CIG-Industria desenvolveu unha concentración na sede da empresa na Rúa de Valdeorras polo mantemento do poder adquisitivo e do emprego

O comité rexeita o ERTE anunciado por Guidoni Quartz para a fábrica de Narón

Narón -
A regulación temporal afectaría a todo o cadro de persoal durante seis meses

A CIG esixe o pronunciamento da Xunta fronte ás agresións sexuais e xustiza para as vítimas

Nacional -
Aproveitou o pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero para reclamar “tolerancia cero” tras coñecerse a imputación do conselleiro do Mar

O Sergas consolida “pola porta de atrás” o novo modelo de Atención Primaria coa categoría FEAP

Nacional -
A CIG-Saúde denuncia que o sistema que se está a implementar rompe coa estrutura “tradicional e eficaz” deste servizo sanitario

Traballadoras da limpeza da Coruña retoman as mobilizacións en demanda dun convenio digno

A Coruña -
As protestas centraranse nos principais clientes das empresas asociadas a ASPEL, xa que é a patronal que ten bloqueadas as negociacións

A CIG logra que a conserveira Albo de Vigo teña que facer indefinido persoal fixo descontinuo

Vigo -
Unha denuncia da central sindical diante da Inspección de Traballo obriga a empresa a regularizar a situación de 31 persoas traballadoras

Galiza leva a súa solidariedade a Palestina cunha columna propia na “Marcha a Gaza”

Nacional -
A Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina anuncia concentracións en máis de 36 localidades galegas para o día 16 de xuño