Denuncian “salarios de miseria” no almacén loxístico de Bimba y Lola en Mos

Mos -
O comité trasladoulle á dirección un pacto de mellora de soldos, descanso semanal e categorías e non obtivo resposta, polo que baralla mobilizarse

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas chama a participar na folga xeral para reclamar medidas fronte á carestía da vida

Nacional -
Este xoves mobilizáronse nas sete cidades baixo o lema “Somos maiores, tamén queremos vivir dignamente”

A CIG-Construción insta as administracións a velar polo cumprimento da normativa laboral nas obras públicas

Verín -
Onte presentouse a rehabilitación do Castelo de Monterrei, que a central paralizara en xuño para denunciar condicións de precariedade do persoal

A Xunta de Persoal denuncia os continuos atrasos nas obras do CHUAC e a redución do investimento

A Coruña -
As previsións anunciadas pola Xunta de Galiza incumpríronse reiteradamente, mentres o investimento previsto para 2027 baixa un 46 %, de 100,1 a 54,1 millóns de euros.

A CIG denuncia na Inspección de Traballo a falta de medidas preventivas no Laboratorio central de análise clínica do Hospital Clínico

Santiago de Compostela -
A Xerencia non adoptou ningunha medida correctora proposta no informe da unidade de prevención de riscos laborais.

O mes de outubro rematou en Galiza cun novo incremento do paro e cun descenso da afiliación á Seguridade Social

Nacional -
As mulleres maiores de 45 anos volven ser o colectivo máis castigado polo desemprego a pola contratación precaria (parcial e fixa descontinua)

Vigo urxe a “reconstrución” da área sanitaria nunha manifestación contra o deterioro da sanidade pública

Vigo -
A mobilización, convocada por SOS Sanidade Pública, percorreu as rúas da cidade denunciar as listas de agarda, a falta de profesionais e o aumento das derivacións á sanidade privada

Persoal das Administracións Públicas mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

Nacional -
A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais

A CIG-Ensino presenta unha candidatura con 1.090 docentes e un programa para recuperar e en avanzar en dereitos

Nacional -
Nas eleccións sindicais que terán lugar o 3 de decembro están chamadas a votar 34.859 docentes

A Inspección de Traballo require a Monbus que elabore un protocolo contra as agresións nos urbanos de Santiago

Compostela -
A CIG presentara denuncia, ante a inacción da empresa, tras das agresións sufridas por varios condutores nos últimos meses

Paro total ao inicio da folga indefinida na limpeza dos colexios e instalacións deportivas de Pontevedra

Pontevedra -
O persoal da concesionaria Serveo desenvolveu unha mobilización ás portas do Concello para reclamar a readmisión das compañeiras despedidas

CIG-Saúde exixe que se garanta a calidade e seguridade das probas diagnósticas derivadas a centros privados

Nacional -
A central solicitoulle á Consellaría unha investigación ante posíbeis irregularidades na realización de ecografías e na emisión de informes radiolóxicos

A Consellaría volve financiar entidades certificadoras privadas de idiomas estranxeiros mentres recorta nas Escolas Oficiais de Idiomas

Nacional -
A CIG-Ensino reclama que se conte coas EOI para realizar as probas de certificación de nivel e denuncia a discriminación do alumnado dos centros non plurilingües