O persoal de ElectroRayma atrasa a entrada ao estaleiro de Fene para esixir solucións inmediatas

Fene -
Reclámanlle a empresa e a Navantia que senten negociar e cheguen a acordos

CIG-TIC denuncia a parálise negociadora da patronal do XVIII convenio de Consultoras estatal

Nacional -
Considera máis necesaria que nunca a existencia dun convenio TIC galego

O persoal de Vodafone mobilizarase en Vigo e na Coruña contra o novo ERE que negocia a compañía

Vigo/A Coruña -
A medida suporá o despido duns 500 traballadores/as de tendas e oficinas no Estado, 17 deles/as en Galiza  

Máis de 400 doentes están sen citar en psiquiatría no Hospital de Monforte pola falta de especialista

Monforte -
CIG-Saúde denuncia a infradotación de persoal e a non cobertura dos postos en cardioloxía e neuroloxía

O SERGAS modifica as condicións de traballo do persoal médico de familia por decreto

Nacional -
Usa a Lei de Acompañamento dos orzamentos para impor novas condicións laborais

Educación responde á campaña da CIG-Ensino que os informes médicos terán que ser en galego

Nacional -
O sindicato demanda que se lle exixa a CUALTIS emitilos, de oficio, na nosa língua

Manifestación de SOS Sanidade Pública o 14 de novembro para “salvar a Atención Primaria”

Nacional -
Demanda que se destine o 25% do orzamento sanitario e persoal para garantir a atención

CIG-Saúde Compostela denuncia a falta de persoal para atender as crianzas de Outes, Lousame e Noia

Outes -
Denuncia a “total falta de planificación e medidas” ante a falta de pediatra no CS de Outes

Traballadores/as de XEAL concéntranse nos xulgados para esixir a readmisión do compañeiro despedido

A Coruña -
Reclaman tamén o cese das persecucións, a recuperación do emprego e o rearranque dos fornos

Denuncian que o mal estado do parque móbil do Concello de Vigo pon en risco a seguridade do persoal

Vigo -
O Goberno local tivo que paralizar o seu uso tras o accidente dun camión que quedou sen freos

Comeza a folga indefinida en IKF da Guarda ante a deixadez da Xunta no conflito

A Guarda -
A empresa insiste en prolongar a dobre escala salarial e en actualizar os soldos polo convenio estatal

O comité de Abai Group (antiga Extel) convoca folga o mércores 20 de outubro contra o recorte de dereitos

A Coruña -
Teñen convocada tamén concentración ás 12h diante da empresa

O 100% do persoal das cafeterías do aeroporto secunda a folga en defensa do seu convenio

Compostela -
Os paros e as mobilizacións continuarán até que a empresa cumpra co estipulado