Buscar novas

Búscao nunha data (escoller mes e ano)
Filtros
Filtros hemeroteca (anterior 2016)

 

O persoal de Ambulancias do Atlántico baralla convocar folga e intensificar as protestas polos impagos

Remata sen acordo a xuntanza entre a representación sindical e a Consellaría de Sanidade ante os incumprimentos da Administración
Vigo
Ambulancias do Atlántico

A representación sindical da CIG, CCOO e USO en Ambulancias do Atlántico -concesionaria do servizo de transporte urxente en Vigo, Cangas e Moaña e do non urxente en toda a área sanitaria- volverá a celebrar asembleas de traballadores/as para abordar unha nova convocatoria de folga e apostará por intensificar as mobilizacións, unha vez que non está garantido o abono das nóminas de maio antes do 1 de xuño. Así o anunciaron hoxe despois da xuntanza mantida coa Consellaría de Sanidade, que rematou sen acordo polos incumprimentos da Administración.

Ler máis »

 

A empresa de ambulancias Lucus Logística atrasa o pago das nóminas por segundo mes consecutivo

Lugo
ambulancias FGAMT-CIG transporte sanitario Lucus Logistica

A FGAMT-CIG de Lugo-A Mariña denuncia que Lucus Logística SL aínda non abonou os salarios correspondentes ao mes de abril. Este é o segundo mes consecutivo que a empresa -que xestiona as bases de ambulancias do transporte urxente 061 Navia de Suarna, Palas de Rei, Guitiriz, Sarria, Becerreá e Pedrafita do Cebreiro- se atrasa no pago dos soldos ao seus 50 traballadores e traballadoras.

Ler máis »

 

O TSXG dálle a razón a CIG-Saúde e anula a mobilidade interna voluntaria de persoal non sanitario de 2019

Nacional
061 sentenza Tribunal Superior de Xustiza de Galiza TSXG

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061convocou en 2019 un procedemento de mobilidade voluntaria de persoal non sanitario fixo na que excluía 2 prazas do grupo administrativo da función administrativa: a da secretaría de Xerencia e a da secretaría de Dirección de Xestión e Servizos Xerais. A CIG-Saúde presentou recurso de alzada contra esta convocatoria ao considerar que non se podían excluír as prazas xa que eran de carácter básico.

Ler máis »

 

Sanidade non garante o pago de salarios do persoal de Ambulancias do Atlántico, que irá á folga

A empresa concesionaria do 061 en Vigo, Cangas e Moaña renuncia aos contratos coa Administración e anuncia a súa intención de entrar en concurso de acredores
Vigo
ambulancias Ambulancias do Atlántico

Na xuntanza mantida o pasado venres entre altos cargos da Consellería, Sergas e 061 coa representación do comité de folga da CIG, CCOO e USO non se garantiu o abono dos salarios pendentes ao persoal de Ambulancias do Atlántico, concesionaria do servizo de transporte urxente en Vigo, Cangas e Moaña e do non urxente en toda a área sanitaria. En consecuencia, o persoal manterá as dúas xornadas de folga previstas para os días 2 e 3 de maio se antes deste mércores día 1 non perciben os soldos que se lles adebedan.

Ler máis »

 

O persoal de Ambulancias Casablanca acorda iniciar mobilizacións ante o deterioro das condicións de traballo

Denuncian os incumprimentos da empresa, despedimentos e presións
Compostela
ambulancias ambulancias do Cantábrico Casablanca

Os traballadores de Ambulancias Casablanca, SL decidiron en asemblea iniciar mobilizacións ante os sucesivos incumprimentos e deterioro das condicións de traballo nesta empresa. As datas concretaranse nos vindeiros días, pero xa advirten que “rematarán na convocatoria dunha folga e mobilizacións en toda a UTE se non se soluciona este conflito”.

Ler máis »

 
Xoves, 13 Decembro 2012

Seguimento maioritario na segunda xornada de folga mentres as ambulancias continúan facendo base nos cuarteis

A Inspección de Traballo inicia actuacións tras a denuncia da CIG por mor dos incumprimentos en materia de prevención

A Coruña
Laboral FGAMT Nacional convenio colectivo 061 FGAMT-CIG transporte sanitario folga ambulancias ultraactividade :

A segunda xornada de folga das ambulancias do 061 está rexistrando un seguimento maioritario entre os traballadores/as, mentres que os vehículos continúan facendo base nos cuarteis da Garda Civil. A este respecto, dende a FGAMT-CIG apuntaron que a Inspección de Traballo iniciou esta mañá actuacións, desprazándose até as bases denunciadas para comprobar as condicións nas que o persoal ten que realizar o seu traballo

Ler máis »

 
Mércores, 12 Decembro 2012

A administración ordena o “acuartelamento” das ambulancias do 061 durante a primeira xornada de folga no sector

A FGAMT-CIG, que presentou denuncia diante da Inspección por esta decisión, salienta o amplísimo seguimento do paro en toda Galiza

A Coruña
Laboral FGAMT Nacional convenio colectivo 061 FGAMT-CIG transporte sanitario folga ambulancias ultraactividade

As organizacións sindicais denunciaron este mércores a orde de “acuartelamento” das ambulancias do 061 dada pola administración galega, obrigando a manter os vehículos nos recintos dos cuarteis da Garda Civil e aos traballadores/as que fan as quendas de 24 horas a ter que permanecer no interior das ambulancias nos tempos de descanso entre servizos e sen os materiais axeitados para a súa propia limpeza e a hixienización dos dispositivos. A pesares desta inédita situación, a primeira xornada de folga no sector está sendo secundada por case o cen por cen do persoal, a pesar dos abusivos servizos mínimos impostos.

Ler máis »

 
Xoves, 11 Outubro 2012

A CIG denuncia na Fiscalía o traslado en ambulancia dunha bebé que ía nunha incubadora atada con cinchas a unha padiola

Os traballadores da ambulancia, que se negaron a facer a viaxe nestas condicións irregulares e inseguras, foron ameazados co despedimento

A Coruña
Laboral FGAMT A Coruña traslados FGAMT-CIG Fiscalía ambulancias SERGAS denuncia transporte sanitario
O sector de Transportes da CIG na Coruña vén de presentar denuncia diante da Fiscalía para depurar responsabilidades, logo de que dous traballadores de Ambulancias Xuvias fosen obrigados a trasladar dende o CHUAC até o Hospital Xeral Cíes de Vigo a unha bebé prematura nunhas condicións que non cumprían os requisitos mínimos de seguridade.

Ler máis »

 
Martes, 15 Novembro 2011

Xabier Aboi demanda que se adopten medidas contra Farjas polas consecuencias dos recortes no servizo de ambulancias en Marín

O deputado do BNG, Bieito Lobeira, presenta os datos oficiais da Consellaría de Sanidade, onde se reflicten os tempos de tardanza na resposta a emerxencias

Compostela
Social FGAMT pontevedra ambulancias FGAMT-CIG recortes Marín Sanidade Aboi Lobeira

O responsábel comarcal da FGAMT-CIG de Pontevedra, Xabier Aboi, comparecía en rolda de prensa acompañado polo deputado do BNG, Bieito Lobeira, para avaliar as consecuencias dos atrasos nos tempos de resposta da ambulancia de Marín, logo de ter sido recortado o servizo de ambulancias por decisión da consellaría de Sanidade. O deputado nacionalista aclarou que os datos foron proporcionados pola propia consellaría, logo de seren demandados en sede parlamentaria polo BNG.

Ler máis »

 
Mércores, 5 Outubro 2011

Convócase unha manifestación contra o desmantelamento do Hospital do Salnés

Terá lugar o venres día 7 de outubro ás 20:30 horas, con saída da Casa do Mar en Vilagarcía

Compostela
Social Saúde Pontevedra decreto Salnés plataforma en defensa da sanidade pública área sanitaria

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés, na que está integrada a CIG, vén de convocar unha manifestación para o vindeiro venres día 7 de outubro, ás 20:30 horas, en Vilagarcía, baixo o lema “O Salnés: Área Sanitaria propia. Non ao desmantelamento do Hospital”.

Ler máis »

I feel so free!