Buscar novas

Búscao nunha data (escoller mes e ano)
Filtros
Filtros hemeroteca (anterior 2016)

 

O TSXG da a razón a CIG-Saúde e anula a mobilidade interna voluntaria de persoal non sanitario de 2019

Nacional
061 sentenza Tribunal Superior de Xustiza de Galiza TSXG

A Fundación Pública “Urxencias Sanitarias de  Galicia-061”  convocou en 2019 un procedemento de mobilidade voluntaria de persoal  non sanitario fixo na que excluía 2 prazas do grupo administrativo da función administrativa:  a da secretaría de  Xerencia e a  da secretaría de Dirección de Xestión e Servizos Xerais.  A CIG-Saúde presentou recurso de alzada contra esta convocatoria ao considerar que non se podían excluír as prazas xa que eran de carácter básico. 

Ler máis »

 

Sanidade non garante o pago de salarios do persoal de Ambulancias do Atlántico, que irá á folga

A empresa concesionaria do 061 en Vigo, Cangas e Moaña renuncia aos contratos coa Administración e anuncia a súa intención de entrar en concurso de acredores
Vigo
ambulancias Ambulancias do Atlántico

Na xuntanza mantida o pasado venres entre altos cargos da Consellería, Sergas e 061 coa representación do comité de folga da CIG, CCOO e USO non se garantiu o abono dos salarios pendentes ao persoal de Ambulancias do Atlántico, concesionaria do servizo de transporte urxente en Vigo, Cangas e Moaña e do non urxente en toda a área sanitaria. En consecuencia, o persoal manterá as dúas xornadas de folga previstas para os días 2 e 3 de maio se antes deste mércores día 1 non perciben os soldos que se lles adebedan.

Ler máis »

 

O persoal de Ambulancias Casablanca acorda iniciar mobilizacións ante o deterioro das condicións de traballo

Denuncian os incumprimentos da empresa, despedimentos e presións
Compostela
ambulancias ambulancias do Cantábrico Casablanca

Os traballadores de Ambulancias Casablanca, SL decidiron en asemblea iniciar mobilizacións ante os sucesivos incumprimentos e deterioro das condicións de traballo nesta empresa. As datas concretaranse nos vindeiros días, pero xa advirten que “rematarán na convocatoria dunha folga e mobilizacións en toda a UTE se non se soluciona este conflito”.

Ler máis »

 

A CIG-Saúde denuncia o incumprimento, unha vez mais, do contrato de servizo de transporte sanitario aéreo do 061

O helicóptero con base en Santiago estará inoperativo do 15 ao 19 de abril
Nacional
central de emerxencias 112 emerxencias 061 urxencias sanitarias helicóptero

A CIG-Saúde vén de denunciar que o helicóptero medicalizado con base en Santiago H3 está inoperante dende onte luns 15 de abril, ás 13:00 horas, e que non se agarda que volva estar operativo até o venres día 19 deste mes. Aínda que os pregos do servizo establecen que a empresa adxudicataria debe dispor dun aparello de substitución, ELIANCE HELICOPTER GLOBAL SERVICES, S.L.  non vai cumprir está cláusula dos pregos.

Ler máis »

 

A CIG denuncia que Lucus Logística aínda non abonou a nómina de marzo ao seu persoal

Lugo
061 ambulancias FGAMT-CIG transporte sanitario

A CIG denuncia que a empresa Lucus Logística SL, que se encarga da xestión das bases de ambulancias do servizo de transporte urxente do 061 das localidades de Navia de Suarna, Palas de Rei, Guitiriz, Sarria, Becerreá e Pedrafita do Cebreiro non lles abonou aínda aos seus 50 traballadores e traballadoras  a nómina do mes de marzo.

Ler máis »

 
Venres, 23 Setembro 2011

A FGAMT-CIG denuncia que os recortes na ambulancia de Marín incrementou os tempos de resposta máis do que recomendan os expertos

A central nacionalista sostén que no último mes houbo tres emerxencias con resultado de morte por cardiopatía que non foron ben atendidas

Vigo
Social FGAMT Pontevedra ambulancias Xabier Aboi 061 Marín FGAMT-CIG

A FGAMT-CIG de Pontevedra denunciou onte en rolda de prensa que no último mes producíronse tres emerxencias en Marín con resultado de morte por problemas cardiovasculares e que nas tres ocasións os tempos de resposta das ambulancias superaron o que recomendan os expertos. A central nacionalista esíxelle á Consellería de Sanidade que dea marcha atrás na decisión de deixar á localidade pontevedresa sen vehículo médico entre as 22.00 e as 10.00 horas.

Ler máis »

 
Venres, 9 Setembro 2011

A nova Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Marín convoca unha manifestación contra o recorte do servizo de ambulancias

A mobilización saíra da Alameda o vindeiro venres día 16 de setembro a partir das 20.30 horas

Vigo
Social FGAMT Pontevedra CIG ambulancias recortes decreto de transporte sanitario plataforma sanidade pública marín

Distintos colectivos e asociacións de Marín acordaron o pasado mércores constituír unha Plataforma en Defensa da Sanidade Pública que se adherirá a SOS Sanidade Pública e reclamará un hospital único para Pontevedra. O novo colectivo, do que tamén forma parte a CIG, convocou unha manifestación para o venres día 16 de setembro co obxectivo de esixirlle á Consellería de Sanidade que manteña o servizo de ambulancias como até o de agora.

Ler máis »

 
Xoves, 8 Setembro 2011

A FGAMT-CIG cualifica de éxito a folga de ambulancias a pesar dos abusivos servizos mínimos decretados pola Xunta

O persoal do sector realizou caravanas de vehículos, reparto masivo de folletos informativos e concentracións nas principais cidades

Vigo
Laboral FGAMT Nacional recortes FGAMT-CIG Sanidade emerxencias xunta de galiza mobilizacións folga ambulancias

A FGAMT-CIG cualificou de “éxito” a xornada de folga no sector das ambulancias, convocada para este xoves 8 de setembro en contra dos recortes no servizo de transporte sanitario urxente decretados pola Xunta. E iso a pesar dos abusivos servizos mínimos estabelecidos pola Consellaría de Sanidade, que marcou a actividade do 100% na atención urxente do 061 e no servizo de diálise e oncolóxico e dun 50% nos traslados inter e intrahospitalarios. O paro, que se desenvolve sen incidentes, está secundado pola práctica totalidade dos traballadores/as non destinados a servizos mínimos.

Ler máis »

 
Martes, 30 Agosto 2011

Traballadores do sector de ambulancias concéntranse diante da Fundación 061 en Compostela en contra dos recortes do servizo

Mantense a convocatoria de folga para o vindeiro día 8 de setembro

Compostela
Laboral FGAMT Nacional ambulancias 061 servizos públicos FGAMT-CIG transporte sanitario recortes sanidade pública

Traballadores do sector de transporte de enfermos e accidentados en ambulancia concentráronse este luns diante da sede da Fundación do 061 en Conxo, Compostela, para manifestar a súa oposición á decisión de recortar o servizo. A concentración coincidiu coa xuntanza á que foron convocados os representantes sindicais, onde se lles comunicou o alcance da, segundo a administración, “reorganización” imposta. A semana pasada xa se entregaron 8.600 sinaturas en Marín contra o anuncio de eliminar unha ambulancia, durante 12 horas, e celebrouse unha concentración á que asistiron unhas 2.000 persoas.

Ler máis »

 
Xoves, 11 Agosto 2011

A FGAMT-CIG denuncia o recorte de cinco ambulancias do 061 en Baiona, Ponteareas, Marín, Vigo e A Mariña

Vigo quedará con dúas ambulancias medicalizadas e dúas asistencias, malia a súa poboación, fronte á Coruña que mantén 2 medicalizadas e 3 asistenciais

Compostela
Laboral FGAMT Nacional ambulancias Xabier Aboi FGAMT-CIG recortes decreto de transporte sanitario

A FGAMT-CIG vén de denunciar o recorte de cinco ambulancias do 061, que son as que se encargan de atender as urxencias, os accidentes, infartos... en toda Galiza. Recortes que afectarán a Baiona, Ponteareas, Marín, Vigo e a Mariña lucense. Xabier Aboi, da FGAMT-CIG denuncia que esta decisión é consecuencia dos recortes anunciados pola Xunta de Galiza e plasmados no Decreto de Transporte Sanitario, que xa fora denunciado hai un ano, cando aínda estaba en fase de borrador. Uns recortes que non teñen xustificación e que terán "graves consecuencias" para a calidade e cantidade dos servizos públicos prestados polas ambulancias no noso país.

Ler máis »

I feel so free!