A CIG reclama respecto polos dereitos adquiridos e melloras laborais e salariais no convenio colectivo de Naturgy

A Coruña -
Critican que as propostas presentadas pola compañía non responden ás necesidades do persoal

Continúa a folga no siderometal ourensán tras fracasar a negociación do convenio o luns

Ourense -
Centos de persoas traballadoras volveron mobilizarse hoxe para reclamar condicións dignas. Este xoves ten lugar o último día de paro por agora

A CIG rexeita cunha protesta no CTAG o despido de 150 persoas e o ERTE de 110 días

O Porriño -
Delegados/as sindicais e traballadores/as do Centro Tecnolóxico da Automoción desenvolveron unha concentración nas instalacións do Porriño

O siderometal de Ourense convoca novas xornadas de folga os días 28, 29 e 30 de outubro

Ourense -
Coincidindo co segundo paro que tivo lugar hoxe e que rexistrou tamén un amplo seguimento, centos de traballadores/as mobilizáronse pola cidade

Desconvocada a folga en BorgWarner tras o acordo en materia de categorías profesionais

Vigo -
A empresa de automoción e o comité pactaron tamén que no prazo dun mes ten que estar constituída a comisión negociadora do plan de igualdade

O persoal de Einsa Print segue na loita polos seus dereitos e para denunciar a fraude do ERE

As Pontes -
O día 23 concentrarase en Madrid coincidindo co xuízo de impugnación do expediente

A totalidade do persoal de produción de BorgWarner secunda o paro indefinido contra os incumprimentos laborais

Vigo -
A empresa da automoción con sedes en Vigo, Nigrán e O Porriño vulnera as categorías profesionais e o plan de igualdade

Amplo seguimento na primeira xornada de folga por un convenio digno no siderometal ourensán

Ourense -
Unha multitudinaria manifestación percorreu ao mediodía a cidade. Para este xoves día 16 hai previsto un novo paro de 24 horas

Convocan un día de folga en Veolia, contrata de mantemento do hospital Nicolás Peña de Vigo

Vigo/Pontevedra -
Pola súa banda, o persoal deste servizo no Hospital Provincial de Pontevedra continúa cos paros e as protestas para reclamar melloras

Folga indefinida en BorgWarner por incumprimentos nas categorías profesionais e no plan de igualdade

Vigo -
Dará comezo o vindeiro mércores día 15 e afectará os tres centros de traballo de Vigo, Nigrán e O Porriño

O siderometal ourensán vai á folga o 15 e 16 de outubro por un convenio colectivo digno

Ourense -
Varios centos de persoas traballadoras do sector mobilizáronse onte polas rúas da cidade para reclamar unha mellora das condicións laborais

Seguimento maioritario na primeira xornada de paros en Serveo Industrial por un convenio digno

Cervo -
Os traballadores e traballadoras mobilizáronse de 6 a 9 da mañá na entrada da fábrica de San Cibrao

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.