Por um modelo alternativo de serviço público audiovisual

- Tiago Alvite

Partilhando a necessidade dos médios públicos se adaptarem ao novo modelo de plataformas audiovisuais, pensamos que qualquer defensa do mesmo deve passar necessariamente por incidir num sentido oposto ao que propõe o DG e, por cima de tudo, abrir novos horizontes

As leccións de Grecia

- Daniel Munevar

Mentres a poboación grega continúa facendo fronte a medidas de austeridade severas e a carga da débeda do país segue sendo «moi insostíbel», segundo os termos do FMI, é evidente que a decisión de continuar pagando aos fondos voitre foi un erro. Foi nada menos que unha recompensa para especuladores perigosos, mentres se transferían os custos das súas accións ao pobo grego

Entrevista última com Samir Amin: “O capitalismo não esperará silenciosamente pela sua morte”

- Jipson John e Jitheesh P. M

O protesto contra o capitalismo não pode ser apenas um protesto contra a conseqüência de ataques frontais neoliberais contra os interesses do povo. Deve atingir o nível de alcançar pessoas politicamente conscientes. Essa consciência deve levar à criação de uma ampla aliança social para substituir as alianças compradoras que governam nossos países e as alianças próimperialistas que governam os países ocidentais

Entrevista a John Bellamy Foster: “Hoxe trátase de construír un movemento cara ao socialismo que loite polas diversas necesidades da clase traballadora”

- Pınar Yüksek e Yusuf Tuna Koç

O que creceu velozmente é un novo imperialismo económico que leva consigo a relocalización dunha proporción cada vez maior do emprego industrial nun Sur global con baixos salarios, e coa apropiación do excedente económico resultante, por parte do capital multinacional e financeiro internacional

Brasil: 9 notas sobre a conjuntura pós-eleitoral

- Carlos Eduardo Martins

As lutas identitárias são fundamentais e chegaram para ficar, mas devem articular uma nova unidade da classe trabalhadora e não sua pulverização em novos corporativismos orientados à integração na ordem dominante através de aparelhamentos e disputas micropolíticas manipuladoras

América Latina: Operação Condor, Parte II

- José Goulão

A situação no Brasil marca a consolidação do processo sistemático de conspiração e estabelece uma viragem. O recuo latino-americano, conjugado com o que se passa na Europa, confirma que o neoliberalismo admite cada vez mais ostensivamente a sua incapacidade para sobreviver em democracia, mesmo onde esta já foi expurgada de muitos dos seus princípios essenciais, como na União Europeia

Entrevista a Costas Lapavitsas: “Desde a súa orixe a Unión Europea ten unha natureza completamente neoliberal”

- Michael Calderbank

A UE secuestrou a democracia en Europa. Eliminou a soberanía popular e bateu nos pobres e a clase traballadora, un país tras outro. O resultado político é o que ves. É unha reacción visceral, desde abaixo, que vai cara á dereita porque a esquerda non ofrece unha perspectiva alternativa

Geopolítica em tempos de incerteza

- Immanuel Wallerstein

A lição chave a tirar é que o declínio dos Estados Unidos não foi seguido por outro poder hegemônico. Ele simplesmente desdobrou-se num ziguezague caótico. Este, claro, é o grande perigo

Entrevista con Miren Etxezarreta: “As institucións están feitas para manter o sistema capitalista”

- Josep Rexach Fumanya

No sistema capitalista o estado ten dúas funcións principais. Unha, soster a acumulación de capital. E a outra, lexitimar o sistema ante a poboación, é dicir, convencer a xente de que todo está ben e que é normal que isto aconteza

Xoán Noya, in memoriam

- Xurxo Martiz Crespo

Morreu o mozo  Xoán Noya, exviceministro para Asia, Medio Oriente e Oceanía do Ministerio de Relacións Exteriores da revolución bolivariana e un dos fundadores do movemento xuvenil dentro do PSUV.

Xoán levaba o nome do seu bisavó, Xoán Noya Gil, fundador na Guarda (Pontevedra) da Sociedade Obreira, membro do Partido Galeguista e autor durante o seu exilio en Venezuela de Fuxidos, onde narraba a súa vida de preso, perseguido e exiliado, o asasinato do seu irmán Manuel...

A familia Noya foi un dos alicerces do nacionalismo galego en Venezuela. Foron eles os que enviaron a Celso Emilio Ferreiro cun contrato á Irmandade Galega de Caracas. Na súa casa residiu o poeta e a filla de represaliados Pura Vázquez. No porto de La Guaira esperaban a chegada de Xosé Sesto e participaron activamente na fundación da Irmandade.

Pero eu quero falar de Xoán, o meu alumno do colexio Castelao de Caracas, que unha vez, noviño, felicitárame polo «Día de la amistad». O ano pasado por correo electrónico contábame do seu recente matrimonio, do roubo da súa gaita en Caracas, das súas loitas pola revolución , dos insultos constantes. Humildemente, dende a trincheira do lonxe,  deille pulos para seguir porque eu estaba, estou, convencido da verdade deste proceso único, cheo de erros, de agresións externas, de mentiras, pero profundamente xunguido ao pobo venezuelano.

Para Xoán o fácil sería non facer nada. Non dar a cara. Instalarse na comodidade do «meu», acomodarse na inercia da súa clase social, emigrar a «España». Xoán colleu o camiño difícil, o camiño imposíbel, ese que dicía Farruco Sesto que, aínda perdéndoo, pagaba a pena telo intentado.

Querido Xoán, despediuse de ti cunha tristura sincera desde o presidente Maduro até o máis humilde venezuelano. Eu, que fun o teu profesor, o teu amigo, o teu camarada, despídome coma ti o fixeches no teu derradeiro correo: «¡Hasta la victoria siempre, camarada!»


Quizais quixo dicir:

Acontece

< Decembro 2018  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            
Próximos acontecementos
Actualmente non hai eventos próximos