Estados Unidos e China: Unha confrontación entre potencias disímiles

- Claudio Katz

A postura defensiva de China é coherente co status dun país que se expandiu con alicerces socialistas, complementos mercantís e un modelo capitalista vinculado á globalización. Esa combinación fortaleceu a retención local do excedente. A ausencia de neoliberalismo e financeirización permitiulle ao país evitar os desequilibrios máis fortes que afrontaron os seus competidores.

(Neo)colonialismo pandémico

- Raquel Ribeiro

O Ocidente soube sempre aproveitar uma crise com oportunidade: o apartheid das vacinas não surgiu no vazio, já antes havia apartheid económico e social, dos países ricos a norte a viajar para o sul global para curtir praias e caipirinhas ao lado de cidadãos a viver abaixo do limiar da pobreza

Que se agocha detrás da pandemia mundial?: O traballo na Cuarta Revolución Industrial

- Diego Lorca e Diego Pierdominici

As novas tecnoloxías ou están ao servizo das e os traballadores, xerando mellores condicións de vida, eliminando o traballo forzoso, repetitivo, dando máis tempo para gozar dunha vida digna, ou estarán en mans dun minúsculo grupo de especuladores financeiros, xerando maior acumulación, explotación e exclusión

Estados Unidos: Acerca da campaña de sindicación en Amazon

- Jane McAlevey

Cando o medo se estende nun centro de traballo -que foi seguramente o caso na elección de Amazon- o único xeito de superalo é que todos os traballadores e traballadoras pro-sindicato saian a declararse publicamente a favor deste. O que “protexe os traballadores” é cando unha maioría deles toma esa medida conxuntamente, todos ao mesmo tempo

A liberalización dos servizos públicos ou a quen serven as empresas públicas?

- Fernando Novás

O sentido da privatización do Público e o tan aplaudido liberalismo económico que tería que traer riquezas para todos, pola contra fai máis pobre a sociedade empeorando as condicións de traballo, reducindo o tecido empresarial local, concentrando o capital, externalizando a man de obra e destruíndo o planeta

Pensións: a mobilización é a nosa garantía

- Andrea Uña, Patxi Fernández e Mikel de la Fuente

Cada día que pasa sen garantir un sistema público de pensións dignas e suficientes redúcense as súas contías e acelérase a posta en práctica dos recortes provenientes da reforma de 2011. Cada día que pasa sen derrogar as reformas tanto laborais como de pensións aumentan a precariedade, a desigualdade e a pobreza

1º de Maio de 1977, o sindicalismo nacionalista colle pulo

- Manuel Mera

O Primeiro de Maio do ano 1977 houbo mobilizacións en todas as cidades galegas, nas que se manifestou a xente máis comprometida na loita contra a ditadura franquista, aínda esta data non era unha mobilización masiva. Os xornais destacaban que os participantes eran sobre todo xente moza e tamén que houbo unha dura represión

 

A financeirización neoliberal de Estados Unidos fronte a China

- Michael Hudson

Para entender porque Estados Unidos iniciou unha Guerra Fría 2.0 hai que comprender que o seu obxectivo é evitar por todos os medios que China (e outros países) manteñan socializados os seus sistemas financeiros, a terra, os recursos naturais, os servizos públicos e mais as infraestruturas

Volven os luns ao sol

- César Rodríguez

A falta dunha política industrial que responda aos intereses do noso país en xeral, e da construción naval en particular, condena as persoas traballadoras ao paro, á emigración ou á precariedade. Por iso ao mellor non está de máis que lle solicitemos ao Concello de Vigo a colocación de máis bancos na cidade, porque volven os luns ao sol

China: Socialismo ou capitalismo?

- Ken Hammond

O notábel éxito de China para facer fronte á pandemia de COVID-19 e mobilizar todos recursos para abordar a saúde pública como un dereito humano, en contraste co catastrófico fracaso dos sistemas de atención médica capitalista dos Estados Unidos e Occidente, suxire que, aínda que queda moito traballo por facer, é posíbel que China estea no camiño cara á modernidade socialista


Quizais quixo dicir:

Acontece

< Xullo 2021  
Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Dom
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  
Próximos acontecementos
Actualmente non hai eventos próximos